Skip to Content

Pequeno gran triunfo do CdA nos premios Olloboi

O venres pasado, 11 de maio, celebrouse en Boiro a IX edición do Festival Olloboi. Participabamos con 9 pezas, unha boa mostra do traballo intenso que se está a facer nas aulas, e cunha delas (Xa non atendo ó meu amito), fomos finalistas na categoría Montaxe. Estas son as imaxes da nosa participación: galería Flickr.

Pola mañá tivo lugar a Muchachada Matiné: unha experiencia que consiste en facer unha curta baseada nas explicacións que ofrece unha persoa de Boiro, e coa axuda de cineastas e as integrantes da A.C. Unión de Muchachas. Co noso instituto colaboraron Andrés Mahía (guionista, realizador e produtor con Zopilote TV) e Sandra Sánchez (directora e montadora). Da man desta última, o grupo de rapazas e rapaces de 2º (Rita, Ana, Carolina, Lara, Asier, Aitana, Brais, David, Adai) foi recoñecido ex aequo xunto ó IES Fernando Blanco, de Cee, pola peza "O paseo", unha recreación do represaliamento da concellala socialista Bríxida Muñiz. 

O premio consiste en convites para asistir á Gala dos Mestre Mateo do ano que vén.

 

Accésit no I Congreso de Alimentación Escolar

O 4 de maio celebrouse en Compostela o I Congreso de Alimentación Saudable e alí montamos un incrible stand con showcooking, instalación tecnolóxica e mostra audiovisual de todos os materiais que elaboramos no Proxecta "Faite eco do lóxico, o lóxico é alimentarse ben".

No blog do Proxecta tedes información de cada actividade desenvolvida no noso insti nos meses previios: reportaxes sobre os Almorzos Saudables, fotos da Semana Sacharlas de alimentación, obradoiro de cociña, videoinstalación, elaboración dunha pirámide alimenticia a escala 1:1, videoxogos, spots publicitarios, etc.

Galería de fotos (Rubén Pérez no Flickr da Cachada)

 

Congreso Aliméntate Ben

Brais Yáñez e Lois Cespón mención especial en Enreguéifate!

Velaí o tedes! Tan jallos son que foron escollidos pola organización de Enreguéifate para unha mención de honra como "Os dous de sempre". Parabéns!

Asistimos ó auditorio para participar da festa e fixemos estas fotos! (Rubén Pérez)

Ana Pimentel finalista en Youtubeiros!

A alumna Ana Pimentel foi finalista nos premios Youtubeiros, que se fallaron este venres 20 de abril na Coruña. Participou no concurso co vídeo "Como facer un pompón" que elaborou para as aulas de Galego e de Tecnoloxía. Parabéns, Ana, sigue falando así de ben!

Nós construímos, malia os vándalos

O equipo do Club de Ciencia está levantando a Casiña dos Maios, baixo a comanda de Guido Tomasini, o noso experto bioconstrutor. Esta fin de semana uns vándalos (si, en xénero masculino) destragaron a estrutura: hai xente que non respecta nada, nin a si mesma.

Pero a moral non decaeu: imos levantar a obra porque o noso valor é crear, construír, traer futuro, mal que lle pese ós necios e escuros. No flickr tedes todas as imaxes do proceso construtivo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut