Skip to Content

Nós construímos, malia os vándalos

O equipo do Club de Ciencia está levantando a Casiña dos Maios, baixo a comanda de Guido Tomasini, o noso experto bioconstrutor. Esta fin de semana uns vándalos (si, en xénero masculino) destragaron a estrutura: hai xente que non respecta nada, nin a si mesma.

Pero a moral non decaeu: imos levantar a obra porque o noso valor é crear, construír, traer futuro, mal que lle pese ós necios e escuros. No flickr tedes todas as imaxes do proceso construtivo.

 

Charla de QuerEndo, Mulleres con endometriose

A asociación Mulleres con endometriose veu dar unha interesantísima charla sobre esa enfermidade silenciada que é a ENDOMETRIOSE e que vai afectar a unhas 30 alumnas das que actualmente cursan a ESO no noso centro: o 11% das mulleres no mundo. Os homes tamén a sofren, claro está, en tanto en cando convivan con nós.

 

AXUDAS PARA ACTIVIDADES EN LINGUA INGLESA

Saiu a solicitude de axudas para a realización de actividades en lingua inglesa. Os interesados podedes informarvos no adxunto.

Gañamos o certame de curtas Alberte Romero!

A curta "Máis che vale non ser ti", de Carlos, Alicia, Álex, Elisa, Carla e Sergio, gañou o 1º premio do certame de curtas celebrado na Pobra

Distribuir contido


by Dr. Radut