Skip to Content

Blogue de Mónica

Contacto:monicas@ramallosa.org

NOMES E APELIDOS

XA LEVAMOS TEMPO TRABALLANDO COS NOMES E APELIDOS, POIS CADA DÍA, @ ENCARGAD@ DEBE REXISTRAR O SEU, TENDO APOIO VISUAL DE TARXETAS CO NOME, CO 1º APELIDO E CO SEGUNDO.

AGORA APROVEITAMOS, ENTRE TOD@S, PARA COMPOÑER CON LETRAS MÓVILES O NOME D@ ENCARGAD@ EN CADA OCASIÓN, MENTRES ESTE O REXISTRA NA PIZARRA E ALGÚN XA NON PRECISA APOIO VISUAL DAS TARXETAS PARA ESCRIBILO (RESPETANDO A ETAPA MADURATIVA NA QUE SE ATOPA CADA CRIANZA)

 

 

E ADEMÁIS TAMÉN APROVEITAMOS PARA IDENTIFICAR E DIFERENCIAR AS VOGAIS E AS CONSOANTES E PARA IR INTRODUCINDO AS LETRAS MINÚSCULAS (TENDO O ABECEDARIO COMO APOIO VISUAL)

 

MAGOSTO MAGOSTO!!!

A festa do MAGOSTO volveu festexarse nun día fermoso de sol; o veraniño de San Martiño cumpliuse nesta ocasión.

Degustamos unhas ricas castañas asadas, grazas á colaboración de mestres (que asaron as castañas), nen@s maiores (que recolleron as castañas e a leña polas aulas e picaron as castañas mercadas polo centro) e familias que aportaron dende as casas, as castañas para este magosto.

* Pero cantas castañas aportou o noso grupo para asar???

Puxemos en acción o conteo numérico, fixemos grupos de decenas e logo realizamos o reconto:

--- xuntamos 48 decenas e 9 unidades, é dicir, 48 x 10= 480 / 480+ 9= 489 castañas

APOIÁNDONOS NA SERIE NUMÉRICA, FOMOS CONTANDO GRUPOS DE 10 ATA CHEGAR A 100, LOGO CONTAMOS AS CENTENAS  E UNÍMOS AS DECENAS E UNIDADES 

E ESTA ACTIVIDADE PERMITIU INTRODUCIR A OPERACIÓN DE MULTIPLICARSorprendido

* DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS E BAILE

 

 

*APROVEITAMOS A TISNAR O NARIZ

*Tamén participamos en distintos xogos populares como os aros musicais, os zancos, as pelotas saltarinas ou a papa castañas

 

   

     

     POR MOITOS MAGOSTOS MÁIS!!!

FROIT@S DE OUTONO

XOGANDO CON FROIT@S DE TEMPADA DO OUTONO, TRABALLAMOS A LECTURA E FACEMOS ASOCIACIÓNS DA IMAXE COA PALABRA QUE CORRESPONDE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IGUALMENTE APROVEITAMOS A RECORDAR QUE HAI FROITOS CARNOSOS (CON ZUME) E SECOS E CLASIFICÁMOLOS

CREATIVAS CASTAÑAS

A FESTA DO MAGOSTO ESTÁ A PIQUES DE FESTEXARSE NA ESCOLA, E A CASTAÑA É A RAÍÑA, POLO QUE ANDIVEMOS DECORANDO UNHA SILUETA DESTE FROITO, ESTAMPANDO CON FOLLAS, QUE RECOLLERAMOS NA SAÍDA Á CARBALLEIRA PREVIAMENTE 

LOGO APROVEITAMOS PARA ADICARLLE UN POEMA, QUE TIÑAMOS QUE ORDEAR FIXÁNDOSE CALES PALABRAS ÍAN EN CADA VERSO, POR CAL LETRA EMPEZABA CADA UNHA, DÉMONOS CONTA QUE HABÍA PALABRAS REPETIDAS, QUE NA ÚLTIMA PALABRA HABÍA UN PUNTO (QUE SIGNIFICA QUE SE ACABOU O POEMA); MOITAS APRENDIZAXES!!!

 

DESCOMPOSICIÓN DOS Nº 9 E 10

APROVEITANDO A DATA DE CADA DÍA, FACEMOS A REPRESENTACIÓN DO CARDINAL (CON DEDOS, PUNTOS E PAUS) E TAMÉN A SÚA DESCOMPOSICIÓN, É DICIR, FACEMOS SUMAS CON 2 OU 3 SUMANDOS, RESTAS OU MULTIPLICACIÓNS QUE TEÑEN COMO RESULTADO O NÚMERO TRABALLADO.

 

CONTO DRAMATIZADO

NA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE DE HOXE, TIVEMOS A SORTE QUE NOS ACOMPAÑOU LARA, UNHA MESTRA EN PRÁCTICAS QUE ESTÁ NORMALMENTE, NA AULA D@S NOS@S COMPIS DE NIVEL. DRAMATIZAMOS UN CONTO QUE ELA MESMA INVENTOU, E CONSISTÍA EN IR REPRESENTANDO PROBAS MOTRICES PARA CONSEGUIR FINALMENTE A LAVA, QUE PRECISABA UN DRAGÓN PARA FACER UNHA SOPA.

GUSTOUNOS TANTO, QUE QUIXEMOS REPETIR 2 VECES. GRAZASSSS LARA!!!

 

 

DESCOMPOSICIÓN DO Nº 4

NESTA ACTIVIDADE DE LÓXICA MATEMÁTICA, AS CRIANZAS VAN ADQUIRINDO UN COÑECEMENTO DA SERIE NUMÉRICA, AO TEMPO QUE ESTÁN INICIÁNDOSE NAS OPERACIÓNS DA SUMA E DA RESTA, SEN DARSE CONTA, PERO CON COMPRENSIÓN DO QUE ESTÁ SUCEDENDO.

AS OPERACIÓNS XURDEN DE AVANZAR OU RETROCEDER NA SERIE NUMÉRICA PARA CHEGAR A UN NÚMERO CONCRETO, NESTE CASO ESTABAMOS TRABALLANDO CO NÚMERO 4 PORQUE ERA A DATA DESE DÍA

- Se estou no nº 1 e quero chegar ao nº 4, temos que avanzar ou retroceder? --- avanzar

   canto teño que avanzar? --- 3

   entón xorde a suma:  1+3= 4 

 O mesmo proceso facemos co 2 (2+2= 4) e co 3 (3+1= 4) e mesmo co 4 (4+0=4)

- se partimos do 5 e queremos chegar ao 4, temos que avanzar ou retroceder? --- retroceder

  entón xorde a resta: 5-1= 4

  As crianzas xa van tomando conciencia e xa idean outras operacións, "se teño 10 lle quito 6 e me quedan 4"

VOLCÁNS EN FAMILIA

Considerando que a familia tamén é unha parte moi importante que intervén no proceso de ensino-aprendizaxe das crianzas, fixemos unha serie de xogos sobre os volcáns que viaxan ás casas, para que as familias poidan xogar e aprender cos seus fillos e fillas sobre esta temática.

Esta bolsa feita para a ocasión, leva dentro o material, que comezou a viaxar polas casas das crianzas.

Desexamos que xogades e aprendades moito!!!

 

CREANDO A "GARABATO"

A raíz do tempo do Samaín, falando de personaxes de medo, decidimos crear o noso monstro a nivel de aula. 

Foron facendo propostas e tomando decisións mediante votacións sobre como querían que fose dita personaxe e os elementos que desexaban que levase,  así como o nome escollido que finalmente foi, "GARABATO". A súa descrición serviu para posteriormente cada un facer o debuxo individual da personaxe creada

 

O resultado final foi unha personaxe que, aínda tendo as mesmas características para tod@s, cada crianza debuxouna como a imaxinaba.

Os debuxos falan por sí solos; unha chulada e unha diversidade de creacións partindo do mesmo obxectivo!!!

BENVIDO SAMAÍN!!!

Durante a semana do Samaín, andivemos facendo diferentes actividades, algunhas máis terroríficas ca outras, para clausurar co festexo o venres 29:

- Facer un listado de personaxes e/ou elementos relacionados coa temática, que aproveitamos logo para asociar imaxe e palabra

- Visionado dun video e lectura do conto "o noso Samaín", para coñecer as raíces da festa con raíces celtas

- Creación dunha personaxe do Samaín, a nivel grupal. Isto propiciou unha recollida das propostas de cada crianza e logo facer votacións para decidir a personaxe, as partes e complementos que levaría (a actividade aínda está sen rematar)

- Decoración de cabazas coa colaboración das familias

- Elaboración de monstros personalizados 

- Composición de palabras temáticas

- Deseño de disfraces individuais sobre papel

- Rimas con palabras temáticas

- Manipulación e experimentación con bandexas sensoriais, nas que debían buscar obxectos agochados entre a salsa de tomate, a xelatina, a espuma de afeitar ou o pan raiado. Parece que o tacto da salsa de tomate non gustou a practicamente ninguén e a xelatina tampouco moito, sen embrago, a espuma foi moi gozada

- Degustación de merendas de medo, que cadaquén trouxo

- Lecturas de contos de medo como "a bruxa regañedentes", ou "corre corre cabaciña"

- Goce de música de Paco Nogueiras, Mamá cabra ou Uxía Lambona, entre outras, sobre esta temática

- Apócema do Samaín, con ingredientes terroríficos e noxentos para a ocasión, e aínda que a pinta non era nada boa, houbo quen quería provala de verdade!!

 

 

COS SEUS MONSTROS

 

 

 

MANIPULACIÓN SENSORIAL

 

 

RIMAS

APÓCEMA

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut