Skip to Content

MAGOSTO 2014

 Por fin luciu o sol e poidemos celebrar o noso magosto!

Se queres acceder á galería de imaxes preme na  imaxe.

As matemáticas que nos rodean

Da man do pato Donald poderás ver como as matemáticas están no mundo que nos rodea (aquí)

Visita ao Centro de Arte Rupestre de Campolameiro

O pasado xoves 30 de outubro, os nenos e as nenas de Educación Infantil, realizaron unha visita ao Centro de Arte Rupestre de Campolameiro.

Se queredes ver o ben que o pasaron, clicade na foto

SAMAÍN 2014

Se queres acceder á galería de imaxes do Samaín 2014, á exposición de cabazas e centros do outono e á recompilación de textos da literatura popular galega  preme na foto.

Actividades para o Magosto

Preme na imaxe para ver os diferentes enlaces e acceder ás actividades interactivas do Samaín, o Magosto e o San Martiño.

 

LIBROS DE TEXTO 2014-2015

 

Dende o seguinte enlace podedes ver o listado de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2014/15.

ENLACE

 

 

Aventuras para o verán

 

Xa está aquí o verán, puntual coma todos os anos.

É tempo de sol, de descanso e lecer.

Pero se queres aventura, aquí che propoñemos algunha.

A disfrutar. Feliz verán!!

O CONTO VIAXEIRO

Aquí tedes o "Conto Viaxeiro" que fixemos entre todos e todas este curso.

Agora tamén entre todos/as temos que manter o colexio e o patio limpos de lixo.

Que o disfrutedes.

 

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente.

Alumnos e alumnas de quinto e sexto celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente" poñendo o noso gran de area para que a contorna do noso colexio estea limpa de lixo.

Decatámonos de que tanto o patio de xogos coma a pista lateral do colexio estaban demasiado cheas de lixo das nosas merendas e de restos de produtos contaminantes (papeis, plásticos, envases... ).

Por iso fixemos unha recollida dos mesmos. Agora pedimos a colaboración de todos e todas para mantelo así. É mellor para nós e para a natureza na que vivimos.

Deixámosvos un vídeo que retrata a actividade que fixemos.

 

2º CICLO VISITA CORTEGADA E O GROVE !

                                      

  O 4 de xuño o 2º ciclo visitou a illa de Cortegada, o            acuario do Grove e o museo do Salgado.

  Foi unha experiencia inesquecible!

 Se queres acceder á galería de imaxes preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut