Skip to Content

CERTAME DE ARTE ESCOLAR "EUGENIO GRANELL"

"20 SOÑOS DE GRANELL"

De novo por estas datas a Fundación Eugenio Granell coa colaboración do centro comercial Área Central, vén de convocar o Certame de Arte Escolar Eugenio Granell. Nesta XII edición o tema a desenvolver era "20 soños de Granell". Un ano máis desde o noso Obradoiro de Expresión Plástica, decidimos participar e deixamos voar a nosa imaxinación. 

Celebramos con enorme satisfación e compartimos con todos vós, os tres premios acadados.

O acto de entrega tivo lugar o 23 de decembro no Pazo de Bendaña, sede da Fundación.

Clica aquí ou na foto para ver máis imaxes desa alegre tarde.

 

Categoría de Educación Infantil: Lía Manteiga Blanco

 

Categoría de Pintura: Gabriel Baños Peña

 

Categoría de Debuxo: Juan Ferreirós Estévez

Pero ademais dos galardóns, compartimos tamén todo o resto de soños, que ao igual que Granell, saíron do noso maxín.

 

Mirade como quedaron os nosos 101 soños surrealistas.

 

 

 

 

Este foi o proceso de creación .

 

 

Ademais de impulsar a creación plástica nos nenos e nas nenas, a Fundación organiza unha exposición no Pazo de Bendaña desde o 23 de decembro ao 10 de xaneiro con todas as obras presentadas ao concurso. A partires do 13 e ata o 31 a mostra poderá ser visitada no Centro Comercial, Área Central.

 

 

 

 

 

 

CALENDARIO SOLIDARIO 2016

O 21 de decembro de 2015, o director, Xosé Manuel Ferreirós e Nora Pousa, coordinadora de 

EDLG, representando ao colexio da Ramallosa, fixeron entrega da recadación da venta do

calendario solidario 2016 no Concello de Teo , diante do concelleiro Nacho Iglesias e da

representante do Banco Veciñal de Alimentos Esther Jiménez.

Grazas á xenerosa participación de toda a comunidade educativa ( familias, profesorado, 

persoal non docente e ao propio centro educativo) xuntamos 910 euros destinados a

colaborar  co Banco Veciñal de Alimentos do noso Concello.

  GRAZAS A TOD@S POLA VOSA SOLIDARIEDADE!

 

 

 

 

 

Os Bolechas no CEIP da Ramallosa!

Hoxe recibimos no cole a visita dos

Bolechas que viñeron compartir 

apertas e sorrisos con nós e a

agradecer a gran participación do alumnado

no concurso "Historias do meu cole".

O primeiro premio foi para Diego Teo

de 6ºC que recibiu unha tele.Para o cole

tamén houbo premios: unha tablet e 1000

euros!!! Noraboa a tod@s!

 

Preme na foto para ver as imaxes deste día.

 

E tamén saímos nas novas da TVG

 

 

NEIRA VILAS NA MEMORIA

Hoxe deixounos un dos grandes persoeiros da nosa literatura e incansable defensor da nosa identidade e do noso idioma.

No 2012 achegouse ao noso colexio para compartires con nós conversas e sorrisos.

Ficarás por sempre na nosa máis agarimosa lembranza!

O MAGOSTO DE INFANTIL

 

 

Preme no debuxo para acceder á galería

 

 de imaxes do Magosto en Infantil.

 

MAGOSTO 2015

 

Preme na foto para ver as imaxes da

celebración do Magosto no noso colexio.

 

SAMAÍN - OUTONO 2015

Se queres ver a exposición dos

traballos do outono elaborados

polo alumnado en colaboración

coas familias, preme na foto.

Noraboa a tod@s pola vosa 

dedicación e o voso talento!

ACTIVIDADES INTERACTIVAS DO OUTONO (CURSO 2015-16)

Preme nos diferentes enlaces para acceder ás actividades interactivas do Samaín, o Magosto e do Outono.

Celebramos o Magosto (todos os ciclos). Preme aquí.

A Castañeira (Infantil e 1º ciclo). Preme aquí.

A vendima (1º e 2º ciclos). Preme aquí

O Outono (1º ciclo). Preme aquí.

Marcelina e a noite do Samaín (Infantil e 1º ciclo). Preme aquí.

O Samaín (Infantil). Preme aquí.

Máis Samaín (Infantil). Preme aquí.

Actividades do Outono para Infantil e 1º ciclo. Preme aquí.

Chegou o Samaín (Infantil e 1º ciclo). Preme aquí.

Un Samaín de Conxuros para 1º ciclo.Preme aquí.

Actividades do Outono para 2º  e 3º ciclos.Preme aquí.

O xogo do Samaín (2º e 3º ciclos). Preme aquí.

Recursos do Samaín (todos os ciclos). Preme aquí.

Webquest do Magosto (3º ciclo). Preme aquí.

Samaín (1º ciclo). Preme aquí.

 

 

CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2015-2016

Aquí podedes consultar o calendario para o vindeiro curso, coas festividades locais e galegas establecidas no calendario laboral.

Un verán de praia e aventuras

 

Se queredes vivir un montonazo de aventuras este verán, aquí tendes algúns amigos. (preme)

Distribuir contido


by Dr. Radut