Skip to Content

Complementarias

Exhibición peón

Este venres, día 11, celebramos no cole o tan ansiado torneo de peóns.

Así que non hai mellor maneira de preparalo que cunha exhibición do gran campeón de peóns mexicano, Omar Pule.

Fixo con eles incribles trucos  mentres o alumnado o miraba asombrado...

Gracias á Anpa por facer posible que nos visitara na semana do torneo.

Simulacro

Simulacro de incendio no cole e visita dos bombeiros.

Grazas á ANPA e ao Parque de Bombeiros de Chantada por organizar esta actividade.

Podedes ver máis imaxes dende aquí

Samaín no cole

Remata o Samaín e no cole pasámolo de meeeeeeedo.

Comezamos o día cun pouco de baile ataviados cuns disfraces chulísimos! Graciñas a todas as familias que apostastes pola reutilización e a reciclaxe!

Para entrar no cole non o tivemos nada fácil, agardávanos un pequeno túnel que tivemos que atravesar e descubir: pantasmas, arañas, morcegos e cabazas espectaculares... grazas a moreas ás familias pola súa colaboración para poder ambientar o cole!!

Na hora de lecer tivemos sesión de cine na biblio con entrada libre e... palomitas!

A teacher Nuria organizou uns xogos xeniais sobre Halloween para todo o alumnado.

Grazas a Marta o alumnado de 6º de educación primaria realizou unha escape room na biblio na que tamén colaborou a ANPA. Serían capaces de completar a misión?

E xa para rematar, un menú terrorífico no comedor escolar! Mmmmm, riquísimo!

Queredes ver algunha imaxe do día? Premede aquí.

Concerto

O alumnado de primaria pasouno xenial no concerto de Pablo Carpintero!

Remataron con ganas de máis música e baile.

Historias do Samaín

Seguimos coa semana de contos terroríficos na biblio!

Grazas á nosa cociñeira Ana, a Marta, a Monse e aos seus axudantes Chloe, Adri, Paula e Dani por compartir con nós as vosas  fantásticas historias.

Dende aquí podedes ver máis imaxes.

Día das bibliotecas escolares

Hoxe é o Día das Bibliotecas! E non se nos ocurriu mellor forma de celebralo que mesturalo con Samaín e Halloween, e gozar de contacontos durante toda a semana na  nosa biblio.

Grazas a Susana, Carmen e Lucía por contarnos historias chulísimas!

Dende aquí podedes ver máis imaxes!

 

Milhulloa

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria visitan a Cooperativa Milhulloa. Onde coñeceron o proceso de elaboración da cosmética ecolóxica, natural e sostible.

Graciñas á ANPA por organizar esta actividade!

Dende aquí podes ver máis imaxes

Club Baloncesto Breogán

Recibimos a visita dalgúns dos xogadores do Club Baloncesto Breogán e da súa mascota Máximus, que nos fixo pasar moi bo rato movendo o esquelete!

Gozamos tamén de inchables e canastas!

Agora quedamos con ganas de ir a un partido para animara ao Breogán!

Podedes ver máis fotos premendo aquí

O son que me arrola

O venres pasado, o alumnado de educación infnatil gozou de "O son que me arrola"

A asociacion socio-educativa Antonio Gandoy ofreceunos unha proposta musical que achega aos máis peques a cultura tradicional galega da man dos cantos de berce, rimas e instumentación.

Quedamos marabillados... soamente hai que mirar as nosas cariñas!

Preme aquí para ver máis imaxes.

 

Xadrez

Hoxe, visitounos a asociación cultural Xaquedrum. Realizaron unha sesión dentro das aulas para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. 
No tempo de recreo tiveron acceso libre... canta concentración!

Distribuir contido


by Dr. Radut