Skip to Content

Información

Manexo de contactos

Con data 4 de marzo de 2022 faise público un comunicado conxunto das Consellerías de Educación e de Sanidade onde establecen que "NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xerale serános propioscasos os que deben informar aos seus contactos estreitosdo diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención"

Realizan tamén unha serie de recomendacións preventivas para os contactos estreitos.

Podedes ler o texto completo neste enlace

 

Novas medidas anti COVID

Deixámosvos un resumo do Novo Protocolo de Vixilancia e Control Epidemiolóxico Fronte ao COVID no ámbito educativo.

Premendo neste enlace podedes acceder ao Protocolo para a detección de infección polo SARS-Cov-2 con test rápido de antíxeno en saliva en centros de educación primaria.

Agasallo

Hoxe recibimos un súper agasallo para o alumnado e persoal do centro que nos enviou Jim Sports. Moitísimas grazas!!

Graciñas tamén ao Concello de Palas de Rei pola xestión.

Protocolo Covid-19

Dende este enlace podedes consultar o Protocolo de Adaptación ao contexto Covid-19 no curso 2021/22

Normas organización e funcionamento curso 2021/22

 

Premendo na imaxe podedes consultar as normas de organización e funcionamento para o curso 2021/22

Axuda máscaras

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou hoxe a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria.

 

Podedes consultala premendo aquí.

 

Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que recibiu a axuda de material escolar. Nestes casos, o centro encárgase de facer todos os trámites. Por tanto, as familias non é preciso que fagades nada. Nos vindeiros días, canto teñamos máis información,poñerémonos en contacto con vós.

 

O resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, agás por motivos de renda, debe cubrir os anexos I e II e entregalos no centro dende o 16 ao 27 de novembro.

Recomendacións

 A ANPA "A Ulloa de Palas", comparte con nós estas recomendacións

para voltar ao cole de xeito seguro.

Normas organización e funcionamento 2020-2021

Premendo na imaxe podedes consultar as normas de organización e funcionamento para o curso 2020/21

ATENCIÓN!

Seguindo as instrucións publicadas pola  Dirección Xeral de Educación establécense novas datas de inicio do curso escolar, de xeito graduado.

 INICIO CURSO ESCOLAR

  • Xoves 10 de setembro incorporarase:

4º e 5º de educación infantil (3 anos e 4 anos)

1º, 2º e 3º de educación primaria.

  • Venres 11 de setembro incorporarase:

6º de educación infantil ( 5 anos)

4º, 5º e 6º de educación primaria

 

REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS:

Realizaranse na Casa da Cultura, só poderá asistir unha persoa por alumno ou alumna.

Recórdase o uso obrigatorio de máscara e manter a distancia de seguridade.

O horario e data de reunións:

7/09/20 ás 10:00h - 6º de Educación Infantil e 1º de Educación primaria

7/09/20 ás 12:00h - 4º de Educación Infantil e 5º de Educación Infantil

7/09/20 ás 16:00h - 2º de Educación Primaria e 3º de Educación Primaria

8/09/20 ás 10:00h - 4º Educación Primaria e 5º Educación Primaria

8/09/20 ás 12:00h - 6º A e B de Educación Primaria

Plans contexto COVID

Poñemos a vosa disposición os plans elaborados polo centro para a adaptación ao contexto COVID.

Plan de adapatación

ao contexto COVID

Plan de

Continxencia

Plan de acollida
Distribuir contido


by Dr. Radut