Skip to Content

Voz natura

No invernadoiro

Velaquí a recollida de verza de hoxe.

Que ganas de xantar un bo caldiño!

Mirade máis imaxes premendo aquí. 

 

De recolleita

Que rico vai estar o cocido desde entroido no comedor!

Ollade aquí!

Sementando

Seguimos coidando a nosa horta. Despois de ir mercar sementes e plantas á feira toca plantalo no invernadoiro.

Podedes vernos dende aquí

Día da Árbore

A asociación A Capela de Vilar de Donas invitounos a facerlle unha visita ás árbores que plantamos o curso pasado. Encantounos ver como comezan a brotar! 
Aproveitamos a viaxe para tomar a merenda e xogar... sempre en contacto coa natureza! 
Podes ver dende aquí moitas máis imaxes. 

Imos á feira

As nenas e os nenos de 1º de educación primaria foron á feira e aproveitaron para mercar unhas plantiñas para o invernadoiro do cole. Logo, visitaron as instalacións de Jim Sports.

Pasárono fenomenal!

 

Preme aquí para ver máis fotos da xornada.

Na prensa

No día de hoxe, o noso cole é noticia!

Invernadoiro en primavera

Queres ver o ben que loce o noso invernadoiro esta primavera? Preme aquí e descubriralo.

Que ben nos van saber estas leituguiñas no comedor do cole!

Día da árbore

Apadriñamos árbores. Grazas á Asociación A Capela de Vilar de Donas por contar con nós para construír un entorno máis verde e cheo de vida. 

Sementamos

Sementamos os nabos!
Que ganas tiñamos de voltar ao invernadoiro!
 

 

Sorpresa

aia sorpresa cando atopamos taaaaan alto o xirasol que sementamos o curso pasado!

Serviunos para traballar a motricidade fina quitándolle as súas pipas, para facer a secuencia temporal e para escribir novas palabras.



 

 

 

 



Distribuir contido


by Dr. Radut