O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria desprazouse a Adai (O Corgo) para participar na actividade "Iníciate ao billar", promovida por Xogade. Pasárono xenial! Podedes ver máis imaxes dende aquí.
Grazas a moreas ao Grupo Jim Sport por donar este novo material para as actividades extraescolares, así como unha rede de volei para o centro, que xa estreamos nas clases de educación física.
Grazas tamén á ANPA por xestionalo e por acordarse sempre de nós!!
Nesta semana, xogamos con xoguetes elaborados con material de refugallo creados polas familias. Moitas grazas pola colaboración! Premendo aquí veredes máis imaxes.