Skip to Content

ORIENTACIÓN

Día da discapacidade

O longo do día de hoxe, o alumnado do centro seguiu realizando diferentes actividades de sensibilización con motivo do Día Mundial de persoas con discapacidade.  Visitaron a Aula sensorial creada para ocasión nun espazo da biblio, escribiron o seu nome en braille, puxéronse na pel dun neno  con discapacidade visual...

Grazas ás mestras do Departamento de Orientación do cole por organizar estas actividades tan chulas!

Ollade máis imaxes dende aquí. 

Plan Xeral de Atención á diversidade

Dende este enlace podedes consultar o Plan Xeral de Atención á diversidade.

Día Internacional das persoas con discapacidade

A través de diversas actividades, tomamos conciencia das distintas capacidades que poden ter as persoas, deste xeito o alumnado reflexiona sobre as necesidades que podemos ter cada individuo chegando así a entender a importancia de promover dereitos e benestar xeral.

 Preme aquí para ver máis imaxes

Charlas

Primeira das sesións para o alumnado de 6 impartidas por Alba do CIM. Seguimos traballando pola igualdade.

Educación Emocional

A psicóloga educativa Laura Pardeiro Álvarez ofrécenos unhas pautas para traballar a educación emocional dende a casa.

Podedes acceder á información dende a imaxe.

Día da muller traballadora

Marchamos pola igualdade a unha única voz...

#sequerespodes #tidecides

 

Día da Muller

Graciñas a todas as familias que nos axudastes a construír este enorme mural!

Un xeito máis, de conseguir que se visualice a importancia do traballo da muller.

Seguiremos camiñando cara a igualdade!

Que será?

Estos carteis apareceron pegados nas portas das aulas...por que será?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut