Skip to Content

Voz natura

Sorpresa

aia sorpresa cando atopamos taaaaan alto o xirasol que sementamos o curso pasado!

Serviunos para traballar a motricidade fina quitándolle as súas pipas, para facer a secuencia temporal e para escribir novas palabras.



 

 

 

 



Anímaste a facer compostaxe?

Se aínda non sabes en que consiste, non hai problema! Olla este documento e aprenderás todo o que necesitas para poñer en marcha un composteiro.

No cole xa temos un!

 

De paseo... polo tempo.

Bulide! Ata o día 22 de xuño, podedes ver na Casa da Cultura unha exposición fotográfica realizada polo alumnado de 1º curso.

A nós encantounos!!

Día de Feira

As nenas e os nenos de 1º de educación primaria foron á feira a mercar unhas plantiñas para o noso invernadoiro. Foi unha experiencia xenial!

Podedes ver máis imaxes premendo aquí

Sementar, sementarei...

No seguinte documento atoparedes un calendario de plantación con propiedades, ditos, refráns e curiosidades sobre os produtos que temos na nosa horta.

Sementando

Botas postas, e listos para comezar!

 

Que será?

Que será, será...o que comeza a agromar?

Descúbreo AQUÍ

Invernadoiro

A terra do noso invernadoiro vai collendo xeito, as parcelas para cada aula están listas para recibir ao novo ano...que medrará aquí dentro?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut