Skip to Content

Palas é camiño. PDI 21/22

Vexo vexo xacobeo

Santiago de Compostela

Todo o cole viaxamos hoxe Santiago.

O alumnado de primaria completou a última etapa do camiño dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro, no vídeo podedes ver a súa chegada.

Os máis peques deron unha voltiña pola cidade no tren turístico.

Rematamos a xornada visitando a catedral.

Preme aquí para ver máis imaxes.

Saímos na prensa

Etapa Pedrouzo-Monte do Gozo

Xa non queda nadiña para chegar a Santiago!

Dende aquí podes ver máis imaxes da etapa Pedrouzo-Monte do Gozo

Verbas no camiño

O alumnado do cole escribiu nunha tarxeta a súa palabra preferida EN GALEGO, para agasallar aos peregrinos e peregrinas.

Un xeito ben fermoso de achegar a nosa lingua á xente que pasa polo Concello de Palas de Rei.

Todas as "Verbas no camiño" atópanse no punto de información dos Chacotes... canta ilusión lle fai ás peregrinas e aos peregrinos levar unha palabra galega ao seu lugar de orixe.

 

Etapa Arzúa-Pedrouzo

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria realizou a terceira etapa do camiño... unha experiencia única e inolvidable para os nosos peregrinos e peregrinas!

Preme aquí para ver máis imaxes

Saída educación infantil

O alumnado de infantil visitou o museo de Melide, fixo un tramo do camiño de Santiago ao seu paso por este Concello e... xogaron moito!!

Podedes ver máis imaxes premendo aquí

 

Etapa Medile -Arzúa

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria completan a segunda etapa do Camiño: Melide-Arzúa!

Ánimo camiñantes, xa queda menos!

Preme aquí para ver máis imaxes.

 

Poesía no camiño

Florencio Delgado, homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas, achegounos á poesía .
 

Etapa Palas - Melide

Durante este trimestre, o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria realizará o Camiño de Santiago, en días alternos, dende Palas de Rei ata Santiago.

Comezaron con moita enerxía a súa primeira etapa: Palas- Melide... primeiro tramo superado, adiante!

Preme aquí para ver máis imaxes

 

Distribuir contido


by Dr. Radut