Durante o primeiro trimestre, e dentro do PDI ( PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO) que estamos a facer no cole, chamado "Palas é Camiño", fixemos este estudo do Camiño Francés. Podedes ver aquí o noso supertraballo que tamén se pode visitar nos corredores do centro.
O alumnado de 5º EP bótase á rúa para coñecer máis de preto como é a vida no Camiño: na administración de lotería, nunha libraría, na casa dun pataqueiro, no centro de saúde...Atendede!!!
Algunhas das familias dos peques de 3 aniños cóntannos anécdotas do Camiño de Santiago. Sen dúbida, historias cheas de emoción e boas sensacións, todo un gustazo oílas!
As nenas e os nenos de 6º de infantil tiñan unha morea de preguntas sobre o camiño de Santiago, pero Miriam, Monse, Muriel e Pili resolveron todas as súas dúbidas, contándonos unhas experiencias do máis interesante. Escoitade!
Hoxe é a quenda do alumnado de 1º EP. Seguimos coñecendo oficios relacionados co Camiño de Santiago. Escoitade moi atentas e atentos, porque este alumnado ten grandes dotes para o xornalismo; entrevistan a Sandra e a Rocío. Seguro que as coñecedes!
Na segunda entrega de audios relacionados co Camiño de Santiago é a quenda do alumnado de 6º de Primaria. Entrevistan a Suso Freire, que ten como oficio arranxar bicicletas. Canto aprendemos...
Hoxe, comezamos unha nova aventura que nos acompañará durante todo o curso 2021/2022. Trátase dun Proxecto Documental Integrado do que imos ser partícipes todas e todos os membros da comunidade educativa do cole. Este Proxecto ten por nome "Palas é Camiño", pouco a pouco iredes descubrindo un montón de cousas sobre o mesmo... pero por agora... quen mellor para presentalo que a mascota da nosa Biblio!!! Cóntanos Daia...