Skip to Content

Música

Blog aula música

Non deixedes de visitar o blog da aula de música, onde atoparedes cousiñas moi interesantes...

Podedes acceder dende o enlace que tedes na marxe lateral dereita ou premendo AQUÍ. 

Para comenzar o curso, aquí tedes un vídeo moi especial...

Un pouco de música

Aquí vos deixo uns vídeos que realizou o profe de música Juan Carlos. 

Subide o volume e...a desfrutar da música 

Comezamos!

E comezamos o curso do mellor xeito posible...con música!

O pasado venres a Banda de Música de Antas de Ulla sorprendeunos cun íncrible concerto. Graciñas!

E por suposto, o noso maior aplauso para a nosa profe Susana, que nos fai entusiasmar coa música!

 

Unha regueifa moi aguda

Nestes días a ledicia e ilusión invadía o cole...o alumnado de 4º curso resultou premiado no concurso "Enreguéifate"!

Por cantar e crear A REGUEIFA MÁIS AGUDA

Parabéns!!

Preme na imaxe para ver como recolleron o premio

Guerra en el lago

O telón do cole ábrese para recibir ao alumnado de 6º de primaria interpretando unha obra de Teatro Musical titulada "Guerra en el lago", baixo a dirección da profe de música, Susana.

Bravísimo pola interpretación, decorado, música,...desfrutamos un montón véndovos!

 

Matriarcas

Para conmemorar o Día da Muller traballadora as nenas do cole fixeron este videoclip coa axuda da profe de música, Susana!

Preme aquí para visitar o seu blogue.

Inspiradas na canción Matriarcas de Guadi Galego, este foi o resultado...emocionante, noraboa a todas!!

 

Palas canta por Siria

No día de hoxe centos de colexios de toda España sumáronse á iniciativa dun grupo de mestres de música e cantaron simultáneamente esta canción con letra de Inés García del Barrio e música de Morat. Na aula de 6º de primaria cantárona así de ben, escoita, escoita!!

 

Que ningúen...

O Mannequin Challenge chegou a Palas da man do alumnado de 3º e 4º de primaria. Fixérono, na sesión de música, para mostrarnos unha mensaxe moi clara no Día Contra a Violencia de Xénero: que ninguén che faga chorar, que ningúen corte as túas ás ao voar...

Distribuir contido


by Dr. Radut