Skip to Content

Plambe

Semana do libro

Que sorte temos coas nosas familias!

Gracias a elas enchemos o cole de mooooitos contos nesta semana do libro.

Graciñas por vir!

 

Dende aquí podedes ver algunhas das familias que nos visitaron. 

Beatriz Campos

 Beatriz Campos volveu ao cole para contarlles fascinantes historias ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Encantounos oila! 

 

Contacontos

 Comezamos a semana do libro cunha visita moi xenial!

Beatriz Campos engaiolou ao alumnado de infantil, de 1º e 2º de educación primaria contándolles uns contiños!

Gracias por vir! Encantounos! 

 

 

 

Cómic

Conmemoramos o Día do Cómic recreando a coñecida tira cómica: “13, Rue del Percebe” creada por Francisco Ibáñez.

Cada aula elaborou un piso, quedando así de xenial! 

Día Internacional da muller

Conmemoramos o 8M na nosa biblio cun recitado de poemas escritos por mulleres. As voces do alumnado soan con forza, altas e claras para seguir defendendo a igualdade.

Posteriormente, tivo lugar un acto conxunto coas compañeiras e compañeiros do IES, así como con integrantes do CIM de Palas de Rei, no que se realizou a lectura dun manifesto.

Para preparar este día, a nosa mascota Daia, recolleu unhas cantas lecturas neste recanto, que nos serviron para traballar nas aulas.

 

Recitamos

 Recitamos uns poemas de Rosalía de Castro na radio do cole.

Escoitade!

Día de Rosalía

 Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro cunha exposición de carteis sobre a biografía da escritora, elaborados por todo o alumnado do cole.

 

Recanto para Rosalía

Espazo para Rosalía na nosa biblio.

E a ti, cal che apetece ler?

 

Recomendacións lectoras

Queres descubrir as recomendacións lectoras de Daia para este Nadal?

Preme na imaxe!

Podcast sobre o aire

 

Distribuir contido


by Dr. Radut