Skip to Content

Plambe

Creamos chapas

A partir dun debuxo realizado por unha nena do cole realizamos chapas conmemorativas para o Día Internacional da Muller.


Contacontos na biblio

Con motivo do 8 de marzo, as nosas compañeiras do servizo de madrugadores e ludoteca contáronnos o conto "Lúa, a nena que non quere ser princesa"

Motivándonos a ser cada quen o que queira ser!!

 

#euson

A comunidade educativa ponlle voz ás ideas do alumnado, para conmemorar o Día da Muller.

#euson

Día de Rosalía

O 23 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro.

As familias do Ceip Plurilingüe de Palas de Rei póñenlle voz a algúns dos seus poemas.

Escoitade moi atentos!

 

Migallas

Esta tarde, tivemos unha nova xornada de "lectura e familia" con Migallas, co espectáculo Pan de millo. 

Contáronnos un montón de historias e fixéronnos bailar con elas! 
Graciñas a todas as familias que vos achegastes a desfrutar con nós!! 

Día de Rosalía

Achégase o Día de Rosalía... algo se está cociñando na radio do cole!

Mira, mira!

 

Chapas

Os máis peques do cole crean as súas primeiras chapas con estes retratos tan chulos!

 

Entroido sostible

Celebramos un entroido con disfraces sostibles, empregando materiais de refugallo ou reutilizando roupas e obxectos que tiñamos pola casa.

Podedes ver máis imaxes dende aquí.

 

Migallas

A nosa biblio

Así está a día de hoxe a nosa biblio!

Distribuir contido


by Dr. Radut