Skip to Content

Plambe

Contacontos

Tempo de lecer

Xogar, relaxar, construír, ler, artellar, crear, pensar, compartir, coser...

 Isto é o que acontece un día calquera na nosa biblio...

 

 

Así é o meu corazón

A partir da lectura do conto "Así es mi corazón",  as nenas e os nenos de 4º de educación infantil descubriron que o noso corazón esconde un montón de sensacións segundo como nos sentimos, falaron delas e crearon uns corazóns inspirados na súa portada empregando rotuladores e o boli 3D.

Para repartilos cada neno ou nena colleu un corazón ao chou, levoullo ao compi correspondente e díxolle algo que lle gusta del. Escoitáronse cousas como: gústame xogar contigo, debuxas xenial, encántame cando compartes os xoguetes, eres moi divertido...

Comprobaron a sensación que viaxa por dentro do noso corazón cando somos amables e nos din cousas bonitas... encantóulles!

Cambio climático

O alumnado fai un resumo de todo o aprendido sobre o cambio climático!

Non o perdades!!!

Paula Carballeira

Na sesión de contos de hoxe á tarde, Paula Carballeira conquistounos coas súas historias!! 
Canto nos gusta escoitala!!

Día Mundial do teatro

Alentía teatro agasallounos  uns "Contos na escada" para conmemorar este día.

Encantáronnos!

Grazas a moreas!

Obradoiro lectura e familias

Bolígrafos 3D

Momento de lecer probando os bolígrafos 3D.

 

St. Patrick´s day

Today a Leprechaun came to our school and left some kids locked in the library... Fortunately, they could finally solve the mystery and get  out...Happy Saint Patrick's Day! 
☘️
 
Hoxe, un Leprechaun veu ao cole e deixou a algúns nenos e algunhas nenas pechados na biblio... Afortunadamente, conseguiron finalmente resolver o misterio sair... Feliz día de San Patricio!
 

Para conmemorar este día realizáronse uns colgantes na impresora 3D e empregouse o chroma para facernos desaparecer!

Podedes ver as fotos premendo aquí.

 

Obradoiro costura

A superheroína Daia animounos a decorar a biblio con motivo do 8M empregando a nova máquina de coser. Quedou xenial!!

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut