Skip to Content

Dependencias

De estrea!

Comezamos a desfrutar dos novos espazos e recursos da nosa biblio!

Canto nos gusta!!!

Mural Castelao

Un gran defensor da arte e da cultura galega asoma por un recuncho do noso cole.

Escritor, pintor, político...

Sabedes xa quen é?

Claro! O gran Castelao.

 

Graciñas á ANPA A Ulloa por xestionar a realización deste fermoso mural, elaborado por "Trece Trazos" e subvencionado pola Deputación de Lugo.

Un bosque máxico no cole

Que si, que si! Que no cole temos un bosque onde pasan cousas máxicas.

Queres coñecer outros recantos con encanto...preme na imaxe.

Boas novas

Comezamos o ano 2020 con boas novas!!! Estreamos a cuberta do patio que tanto necesitabamos nos días de chuvia. Despois de varios cursos solicitando a súa construción, a Unidade Técnica da Consellería de Educación atendeu a petición do centro, tendo rematada a obra para a volta das vacacións de nadal!!!

Agradecemos, tamén, ao Concello de Palas de Rei a colocación das escaleiras que nos facilitarán o paso neste espazo.

Distribuir contido


by Dr. Radut