Skip to Content

Boas novas

Comezamos o ano 2020 con boas novas!!! Estreamos a cuberta do patio que tanto necesitabamos nos días de chuvia. Despois de varios cursos solicitando a súa construción, a Unidade Técnica da Consellería de Educación atendeu a petición do centro, tendo rematada a obra para a volta das vacacións de nadal!!!

Agradecemos, tamén, ao Concello de Palas de Rei a colocación das escaleiras que nos facilitarán o paso neste espazo.



story | by Dr. Radut