Skip to Content

Visitas culturais

O Enredo do Abelleiro

O alumnado de infantil pasou unha xornada xenial coñecendo o fascinante mundo das abellas no museo "O Enredo do Abelleiro", en Arzúa.

Ademais, envasaron o seu tarriño de mel e elaboraron candeas con cera.

Mirade, mirade!

 

Equitación

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria pasou unha xornada fantástica na "Escuela de Equitacion La Cruz" en Taboada.

 Premendo aquí veredes máis imaxes do moito que disfrutaron. 

Teatro en Ourense

O alumnado de 5º de educación primaria acompañou ao Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei ata o Teatro Principal de Ourense, para ver a súa participación na obra "Á luz das Candeas", obra benéfica en colaboración coa ONG Meniños.

Ollade máis imaxes dende aquí.

Saída A Coruña

O alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria visitou o Acuario e a Casa das Ciencias na cidade de A Coruña.

Queres ver o ben que o pasaron? Preme aquí!

Galletas da Veiga

Gracias á ANPA, o alumnado de educación infantil visitou a fábrica de galletas mariñeiras, en Chantada.

Ademais de pasalo xenial, coñeceron todo o proceso de elaboración e... tamén comeron unhas cantas galletiñas. 

Grazas a todo o persoal por tratarnos tan, tan ben! 

Podedes ver máis fotografías premendo aquí. 

Muvicla

No día de hoxe, o alumnado de 3º e 4º de educación primaria realizou unha visita a MUVICLA, museo de maquinaria.

Moitas grazas a ANPA por organizar esta actividade, que está financiada pola Diputación.

Saída 1º e 2º

As nenas e os nenos de 1º e de 2º de educación primaria visitaron Corax Fauna e a praia de Gandarío, onde realizaron distintas actividades acuáticas!

Un día xenial!!

Mirade dende aquí o ben que o pasaron!

 

Saída Pontenova

As nenas e os nenos de 2º e 5º viaxan ata A Pontenova. 

Visitaron unha mina, fixeron unha ruta e subiron en tirolina!

Foi un día estupendo!

Mirade máis imaxes do día premendo aquí. 

Saída Cantabria

Velaquí algunhas imaxes do ben que o pasaron as nenas e os nenos de 3º e 4º na súa viaxe por Cantabria. 

Viaxe Cantabria

O alumnado de 3º e 4º de primaria pasará dous días de viaxe por Cantabria. Hoxe, visitaron o Acuario de Xixón e realizaron un roteiro... están pasándoo xenial! 

Distribuir contido


by Dr. Radut