Skip to Content

Visitas culturais

SAÍDA DO ALUMNADO DO 1º CICLO Á CIDADE DA CORUÑA

O pasado día 21 de xuño, as nenas e nenos do 1º ciclo visitaron a cidade da Coruña. Pola mañá foron á Casa das Ciencias e ao Planetario. Comeron no Domus e remataron coa visita ao Domus e ao Acuario.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA

SAÍDA A MARIÑA LUCENSE 3º CICLO

O pasado 10 de xuño,os nenos e nenas do 3º ciclo de Primaria, foron de excursión a Mariña Lucense. Pola mañá visitaron o Barco Museo en Burela,posteriormente acudiron a Fábrica de Xeo . Para rematar a sesión matinal, asistiron a Fábrica de Cerámica Sargadelos, que está sita no Cervo. Despois xantaron ó aire libre no "parque dos namorados". Pola tarde, visitaron o Museo do Mar en San Cibrao e a Lonxa de Burela, donde coñeceron o oficio das redeiras.

CLICADE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS.

EXCURSIÓN AO PORTO DA CORUÑA E O MUNCYT

    O pasado 2 de xuño o alumnado de 3º e 4º de Primaria poideron disfrutar dunha excursión a Coruña. Pola mañá visitaron  o Porto e a lonxa, onde viron as distintas clases de peixes, a sala de vixiancia onde se controla a totalidade do Porto, a zona onde atracan os trasatlánticos... e despois de xantar  preto da Torre de Hércules, desplazáronse ao MUNCYT ( Museo Nacional de Ciencia y Tecnología). Xa na instalación, os nenos e nenas portáronse moi ben, escoitaron atentámente a guía do museo, que lles explicou conceptos dos avións, robots, etc....

 CLICADE NA IMAXE PARA VER AS FOTOGRAFÍAS

EXCURSIÓN Á FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA

As nenas de nenos de Educación Infantil visitamos o pasado 20 de maio a Fortaleza de San Paio de Narla, onde coñecemos multitude de personaxes e historias dos contos. Posteriormente, comemos ao aire libre nas inmediacións da fortaleza.

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOGRAFÍAS

VIAXE EN TREN E VISITA DO BELÉN DE BEGONTE

O alumnado de Educación Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria, disfrutaron o pasado 15 de xaneiro dunha viaxe en tren dende Lugo ata Sarria. Posteriormente, dirixíronse ata a localidade de Begonte para visitar o clásico Belén de Nadal.

Se premedes na imaxe do tren, podedes acceder á galería fotográfica.

VISITA A MARCELLE

O día 20 de maio, todos os nenos e nenas de Infantil e de 1º e de 2º de Primaria fomos a Marcelle cos nosos profes, pasámolo mui ben porque fixemos moitas cousas divertidas:

  • Estivemos vendo moitos animais, e aprendemos moito sobre eles, de onde viñan, que comían... e cousas así porque nos encantan os animais a todos.
  • Fixemos xogos tradicionais super divertidos.
  • Pintamos o lobo de Marcelle.

Pasóusenos o día rápidamente, a próxima vez estaremos alí mais tempo.

VIAXE A FISTERRA

O día 29 de maio, 5º e 6º fomos de excursión a Fisterra. ¡Que ben o pasamos!!!

Tivemos que madrugar un pouco máis, porque levabamos tantas cousas que facer que un pouco máis e non nos daría tempo:

·        Fixemos un paseo en barco.

·        Visitamos unha lonxa na que estaban subastando peixe.

·        Visitamos o museo do mar e como non o Faro de Fisterra.

 

Ás 8 estabamos de regreso, cansadiños de todo pero máis ledos ca unhas castañuelas.

As fotos deixámolas aquí de recordo.      

 

VIAXE A VIGO

O día 29 de maio os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria, xunto coas nosas mestres fomos a Vigo, marchamos ás 10 de mañá e chegamos ben pasadas as 8 da tarde. Pasámolo chipipiruli:

 

  • Fomos ao Museo do Mar onde vimos antiguas barcas e fixemos diferentes obradoiros, tamén vimos unha acuario onde poidemos ver moi de cerca moitos peixes.

 

  • Comemos a carón da praia de Samil, nunhas mesas de pedra chulísimas, había un montón de gueivotas que casi, casi... nos daban medo. Logo paseamos un cachiño pola beira do mar e poidemos admirar diversas obras dos "escultores da area"

 

  • E ás 3:45h marchamos cara ao zoo.

 

Pasámolo tan ben...! que incluso disfrutamos do camiño, que era un pouco longo, mais de 2 horas de viaxe, pero cantamos, contamos chistes, xogamos... E todo foi estupendo.

Aquí vos deixamos unhas fotos

 

VISITA A LUGO

O 29 de novembro, todos os nenos/as do 3º ciclo fixemos unha viaxe a Lugo, onde participamos en dúas anticidades que nos encantaron: La caja de herramientas de Miró, na que realizamos varios gravados en coiro, e a visita á Cadena Ser, onde lemos poemas de Manoel María.

Aquí vos deixamos unhas fotos da nosa viaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut