Skip to Content

Actividades

Charla

Grazas a ANPA, o alumnado de 5º e 6º asistiu a unha  charla de sensibilización e formación sobre a diversidade afectiva-sexual, familiar e a LGTBIfobia, fomentando a valoración das persoas, a igualdade de oportunidades e as relacións respectuosas e saudables fora de homofobia, lesbofobia e transfobia na contorna educativa.


Galletas da Veiga

Gracias á ANPA, o alumnado de educación infantil visitou a fábrica de galletas mariñeiras, en Chantada.

Ademais de pasalo xenial, coñeceron todo o proceso de elaboración e... tamén comeron unhas cantas galletiñas. 

Grazas a todo o persoal por tratarnos tan, tan ben! 

Podedes ver máis fotografías premendo aquí. 

Pazo de Vilane

As nenas e os nenos de 1º e 2º de educación primaria pasárono xenial e aprenderon un montón no Pazo Vilane.

Grazas á ANPA por organizar esta actividade, enmarcada dentro do proxecto "Da escola á granxa" e financiada pola Diputación.

Dende este enlace podedes ver máis fotografías do día.

 

Muvicla

Hoxe, tocoulle o turno ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria que visitou MUVICLA, museo de maquinaria.

Moitas grazas a ANPA por organizar esta actividade, que está financiada pola Diputación.

 

Novos materiais

Grazas a moreas ao Grupo Jim Sport por donar este novo material para as actividades extraescolares, así como unha rede de volei para o centro, que xa estreamos nas clases de educación física.

Grazas tamén á ANPA por xestionalo e por acordarse sempre de nós!!

 

 

Branca Villares

O alumnado de infantil asistiu a unha sesión musical con Branca Villares. Cantaron, bailaron e pasárono xenial!

Gracias á ANPA por orgranizar esta actividade!

Extraescolares

No día de hoxe, desfrutamos dunha mostra das distintas actividades extraescolares organizadas pola ANPA, que se levaron a cabo durante este curso. 

Aplauso enorme para os participantes!! 

Dende aquí podedes ver máis imaxes da exhibición. 

Cata de queixo

Grazas a ANPA, o alumnado de 6º de educación primaria saboreou unha rica cata de queixo Arzúa-Ulloa.

 

Baile

Grazas a ANPA, hoxe vimos na casa da cultura unha actuación de baile contemporáneo.

Escape room Samaín

O alumnado de 6º de educación primaria participou nun escape room na biblio, onde tiveron que superar diferentes probas. Serían capaces de completar a misión?

Graciñas á ANPA por organizar esta actividade e pensar na nosa biblio realizala, quedou de meeeedo!


Distribuir contido


by Dr. Radut