Skip to Content

Linguas estranxeiras

Teatro!

Un ano máis, contamos coa compañía "face2face" para adentrarnos un pouquiño máis na cultura inglesa, desta vez en forma de teatro. Bailamos, cantamos e rimos moitísimo. Esta actividade foi subvencionada polo centro no marco do plurilingüismo.

Saint Patrick’s Day

Como cada ano, os nosos pequenos colegas Irlandeses puxéronse en contacto co noso cole para que coñecésemos a historia do Saint Patrick’S Day e ata nos retaron nunha gymkhana que tivemos que resolver para conseguir un premio que agocharon detrás do arco da vella… estes leprechauns sempre facendo das súas… ben cadra que xa somos expertos e resolvemos todas as probas. Andade con ollo a finde! Hoxe, xa foron vistos varios polo cole… 

Obradoiro lettering

Hoxe tivemos a sorte de contar de novo con amasoniatropical para facer un novo taller de lettering cos rotus de tombow.spain 

Aprendemos un montón e pasámolo xenial! 

Gracias Sonia por ensinarnos tanto e tan ben!

Teatro en inglés

Today we had the great opportunity of attending an original English display with the amazing acting of Michelle! Thank you for coming!
 

Hoxe tivemos a gran oportunidade de asistir a unha obra teatral orixinal inglesa coa increíble actuación de Michelle. Grazas por visitarnos!

 

Saint Patrick´s Day

O 17 de marzo celébrase en Irlanda la festa de Saint Patrick e... no cole de Palas, hoxe, sentímola grazas a Jacqueline.

Procedente deste país, contounos a súa historia, tradicións e ata nos preparou uns ricos biscoitos para a hora da merenda.

Mil grazas por vir!

 

Grazas tamén a nosa teacher Nuri por achegarnos outras culturas e conseguir sacar o noso lado máis creativo a través das “crafts”

 

Dende aquí podedes ver máis imaxes.

Xogos de Halloween

Na aula de inglés da profe Nuria pasárono en grande con xogos temáticos sobre o Halloween.

Podedes ver máis premendo na imaxe.

Quen dixo medo?

Neste Samaín o cole transformouse para vivir máis de preto o Samaín e o Halloween...

Preme na imaxe para non perder detalle.

Recunchos de lectura

 Achégase o Samaín e na nosa biblio estanvos agardando un montón de propostas… por cal queredes comezar? 

 

 

Pero non so temos historias de medo, na aula de inglés tedes un recunchiño cargado de contos.

Día de San Patricio

Entrega de diplomas e premios aos participantes no concurso de Leperchauns para conmemorar o Día de San Patricio, organizado pola mestra de lingua inglesa.

Agradecemos a todas as familias e alumnado a súa participacion e implicación!

Día de San Patricio

A vindeira semana o cole tinguirase de verde, queredes saber o motivo?

Escoitade estes dous podcast para descubrilo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut