Skip to Content

APA

Datos de contacto

LOGO ANPA

 

 

 

Datos de contacto :

Muriel: 607.683.030

Verónica: 620.619.827

anpaulloapalas@gmail.com

Mes de emerxencias

Neste mes de emerxencias, rematamos cunha visita de diferentes unidades dos Corpos de Seguridade.

Policía, Garda Civil e Protección Civil mostráronlles ao alumnado como interveñen en caso de emerxencia, así como os recursos que empregan na realización do seu traballo.

Graciñas á ANPA  pola súa colaboración na organización desta actividade.

Dende aquí podedes ver máis imaxes.

Cruz vermella

No día de onte, foi a Cruz Vermella a que nos visitou para explicarnos en que consiste o seu traballo, como é unha ambulancia por dentro, o proceso de RCP...

Toda unha experiencia. 

Gracias á Anpa pola organización da actividade.

Exhibición

Grazas á ANPA, recibimos a visita das Forzas Armadas que nos mostraron en que consiste o seu traballo e os materiais que empegan para realizalo.

Podes ver máis fotos dende aquí.

Exhibición peón

Este venres, día 11, celebramos no cole o tan ansiado torneo de peóns.

Así que non hai mellor maneira de preparalo que cunha exhibición do gran campeón de peóns mexicano, Omar Pule.

Fixo con eles incribles trucos  mentres o alumnado o miraba asombrado...

Gracias á Anpa por facer posible que nos visitara na semana do torneo.

Simulacro

Simulacro de incendio no cole e visita dos bombeiros.

Grazas á ANPA e ao Parque de Bombeiros de Chantada por organizar esta actividade.

Podedes ver máis imaxes dende aquí

Milhulloa

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria visitan a Cooperativa Milhulloa. Onde coñeceron o proceso de elaboración da cosmética ecolóxica, natural e sostible.

Graciñas á ANPA por organizar esta actividade!

Dende aquí podes ver máis imaxes

Arqueixal

O alumnado de 1º e 2º de primaria visitou Arqueixal e as nenas e os nenos de 3º e 4º de educación primaria achegáronse ata a Granxa A Cernada.

Coñeceron máis polo miúdo o traballo que se realiza nestas granxas e os produtos que elaboran.

Graciñas a ANPA por organizar e xestionar estas saídas!

Preme aquí para ver máis imaxes de 1º e 2º de educación primaria en Arqueixal

Preme aquí para ver ás nenas e aos nenos de 3º e 4º de primaria na Granxa A Cernada

 

 

 

Fórmula 1

Hoxe, Iago, enseñeiro de Fórmula 1, explicoulles ao alumnado de 4º, 5º e 6º en que consiste o seu traballo.

Grazas, Iago e grazas, ANPA por esta actividade tan chula!

Maxia pola igualdade

Graciñas á ANPA a Ulloa por traernos ao Mago Paco.

A través da súa maxia mostrounos que "SER DIFERENTES É O QUE NOS FAI SER ÚNICOS"

Distribuir contido


by Dr. Radut