Skip to Content

APA

Actividades igualdade

No día de hoxe, Branca Villares, mestra de música tradicional, impartiu unha actividade de formación e sensibilización do alumnado de 5º e 6º de primaria en materia de igualdade e erradicación da violencia contra as mulleres. 

Pola súa banda, o alumnado de 4º de educación primaria tivo unha actuación a cargo de Migallas Teatro centrada nesta mesma temática.

Ambas actividades foron organizadas pola ANPA A Ulloa. Graciñas!

Programa de educación afectivo sexual

Durante o mes de novembro o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria está asistindo a charlas sobre Educación afectivo sexual impartidas por Raquel Graña.

"Este programa céntrase na adquisición de coñecementos, estratexias e habilidades para promover unha educación sexual adecuada e sa, así como promover a igualdade de xénero tanto a alumnado como as familias que integran as asociacións"

Dende aquí podedes acceder a un documento cos obxectivos e actividades que se realizan en cada un dos cursos.

 Esta actividade está organizada pola ANPA A Ulloa.

Recomendacións

 A ANPA "A Ulloa de Palas", comparte con nós estas recomendacións

para voltar ao cole de xeito seguro.

Distribuir contido


by Dr. Radut