Skip to Content

Libros de texto

Listaxe definitiva fondo libros

A listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º e 4º de educación primaria, está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 10 de maio de 2023, que non permite a súa publicación na páxina web.

Lembrade que os días 10 e 11  de xullo tedes que recoller os vales de axuda de material para TODO o alumnado de primaria (dende 1º a 6º de educación primaria)

Listaxe provisional fondo libros

A listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 4º de educación primaria (na que podedes consultar só o número de libros asignados) está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 10 de maio de 2023, que non permite a súa publicación na páxina web. O período de reclamación a esta listaxe é de dous días (martes e mércores)

Na listaxe DEFINITIVA (6 de xullo) SI figurarán os libros asignados por materia.

 

Os vales para as axudas de libros de 1º e 2º de primaria, así como os vales de material para todo o alumnado de primaria podedes pasar a recollelos os días 10 e 11 de xullo, en horario de 9:30 a 14:00 horas.

 

Libros de texto curso 2023/24

Podedes consultar AQUÍ a relación de libros de texto para o curso 2023-24

Axudas 2023/2024

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024 (código de procedemento ED330B).

• A quen vai dirixida?

- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. (O alumnado que curse 5º e 6º de educación primaria no curso 2023/24 estará inmerso no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) e, polo tanto, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto)

- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

• Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

Dende o 22 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.

• Onde se presentan as solicitudes?

Listaxe definitiva fondo solidario libros de textos curso 2022/23

A listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º, 4º e 6º de educación primaria, está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 29 de abril de 2022, que non permite a súa publicación na páxina web.

Lembrade que os días 6, 7 e 8 de xullo tedes que recoller os vales de axuda e material para TODO o alumnado (dende 1º a 6º de educación primaria)

 

Listaxe provisional fondo libros

A listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de educación primaria (na que podedes consultar só o número de libros asignados) está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 29 de abril de 2022, que non permite a súa publicación na páxina web. O período de reclamación a esta listaxe é de dous días (xoves e venres)

Na listaxe DEFINITIVA (4 de xullo) SI figurarán os libros asignados por materia.

 

Libros texto curso 2022/23

Podedes consultar AQUÍ a relación de libros de texto para o curso 2022-2023

 

Axudas 2022/23

 ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B)

• A quen vai dirixida?

 - Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. (O alumnado que curse 5º de educación primaria no curso 2022/23 estará inmerso no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) e, polo tanto, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto)

 - Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

 - Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

 • Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

 Dende o 19 de maio ata o 22 de xuño, ambos incluídos.

 • Onde se presentan as solicitudes?

 Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro. A solicitude será única para todos os fillos ou fillas.

Preferiblemente, por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Neste caso, será necesario a presentación dunha solicitude por alumno ou alumna.

• Que documentación debedes presentar para tramitar o procedemento?

 - Solicitude (Anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

       Podedes descargar os documentos dende aquí ANEXO I e ANEXO II 

 - Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. 

 -En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 

        Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

        1º. Certificado ou volante de convivencia.

        2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 - Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. 

 - Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

 - Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 - Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. 

 - Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.   

 • Devolución dos libros de texto do curso 2021/2022.

 O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria deberá entregar os libros de texto ao titor ou titora o venres 17 de xuño de 2022

  • Outras datas de interese:

 -Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 29 de xuño de 2022.

 -Período de reclamación: 30 de xuño a 1 de xullo de 2022

 -Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 4 de xullo de 2022

  -Recollida dos vales para adquirir libros de textos en 1º e 2º EP e recollida de vales para adquirir material escolar ao alumnado de educación primaria: os días 6, 7 e 8 de xullo.

 

Listaxe definitiva fondo solidario libros de texto curso 2021/22

A listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de educación primaria, está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 6 de maio de 2021, que non permite a súa publicación na páxina web.

Lembrade que os días 7, 8 e 9 de xullo tedes que recoller os vales de axuda e material para TODO o alumnado (dende 1º a 6º de educación primaria)

Listaxe provisional fondo libros curso 2021/2022

A listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de educación primaria (na que podedes consultar só o número de libros asignados) está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 06 de maio de 2021, que non permite a súa publicación na páxina web. O período de reclamación a esta listaxe é de dous días (martes e mércores)

Na listaxe DEFINITIVA (1 de xullo) SI figurarán os libros asignados por materia.

Distribuir contido


by Dr. Radut