Skip to Content

Libros de texto

Listaxe provisional fondo libros curso 2021/2022

A listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de educación primaria (na que podedes consultar só o número de libros asignados) está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 06 de maio de 2021, que non permite a súa publicación na páxina web. O período de reclamación a esta listaxe é de dous días (martes e mércores)

Na listaxe DEFINITIVA (1 de xullo) SI figurarán os libros asignados por materia.

Libros de texto 2021-22

Podedes consultar AQUÍ a relación de libros de texto para o curso 2021-22

Axudas curso 2021/22

 ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B)

• A quen vai dirixida?

 - Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

 - Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

 - Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

 • Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

 Dende o 21 de maio ata o 22 de xuño, ambos incluídos.

 • Onde se presentan as solicitudes?

 Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro. A solicitude será única para todos os fillos ou fillas.

Preferiblemente, por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Neste caso, será necesario a presentación dunha solicitude por alumno ou alumna.

• Que documentación debedes presentar para tramitar o procedemento?

 - Solicitude (Anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

       Podedes descargar os documentos dende aquí ANEXO I e ANEXO II (están os dous no mesmo documento)

 - Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. 

 -En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 

        Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

        1º. Certificado ou volante de convivencia.

        2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 - Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. 

 - Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

 - Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 - Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. 

 - Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.   

 • Devolución dos libros de texto do curso 2020/2021.

 O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria deberá entregar os libros de texto ao titor ou titora o luns día 21 de xuño.

  • Outras datas de interese:

 -Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 28 de xuño de 2021.

 -Período de reclamación: 29 e 30 de xuño de 2021.

 -Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 1 de xullo de 2021.

  -Recollida dos vales para adquirir libros de textos en 1º e 2º EP e recollida de vales para adquirir material escolar ao alumnado de educación primaria: os días 7, 8 e 9 de xullo.

 

 

 

Listaxe definitiva fondo solidario libros de texto

A listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de educación primaria, está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 12 de maio de 2020, que non permite a súa publicación na páxina web.

Lembrade que o xoves día 9 e o venres día 10 tedes que recoller os vales de axuda e material para TODO o alumnado de educación primaria.

Listaxe provisional fondo solidario libros de texto curso 2020-20201

A listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de educación primaria (na que podedes consultar só o número de libros asignados) está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 12 de maio de 2020, que non permite a súa publicación na páxina web.

Na listaxe DEFINITIVA (7 de xuño) SI figurarán os libros asignados por materia.

Fondo solidario libros de texto e axudas

Modificamos as datas de publicación das listaxes

-Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 2 de xullo de 2020.

-Período de reclamación: 3 e 6 de de xullo de 2020.

-Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 7 de xullo de 2020.

-Recollida dos vales para adquirir libros de textos en 1º e 2º EP e recollida de vales para adquirir material escolar ao alumnado de educación primaria: os días, 9 e 10 de xullo.

Libros de texto

Podedes consultar AQUÍ a relación de libros de texto para o curso 2020-21

AXUDAS curso 2020-21

 ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

 

• A quen vai dirixida?

- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

 

• Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

Dende o 20 de maio ata o 19 de xuño, ambos incluídos.

 

• Onde se presentan as solicitudes?

Preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro en horario de 10h a 14h.

 

• Que documentación debedes presentar para tramitar o procedemento?

- Solicitude (Anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

      Preferiblemente podedes descargar os documentos dende aquí ANEXO I e ANEXO II (están os dous no mesmo documento) ou recollelo no centro .

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. 

-En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 

       Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

       1º. Certificado ou volante de convivencia.

       2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. 

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. 

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.   

 

• Devolución dos libros de texto do curso 2019 / 2020.

Un proxenitor acudirá ao centro, en horario de 10 a 14h, atendendo ao seguinte:

3º EP: Martes 16 de xuño

4º EP: Mércores 17 de xuño

5º EP: Xoves 18 de xuño

6º EP: Venres 19 de xuño

 

 • Outras datas de interese:

-Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 29 de xuño de 2020.

-Período de reclamación: 30 de xuño e 1 de xullo de 2020.

-Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 3 de xullo de 2020.

 -Recollida dos vales para adquirir libros de textos en 1º e 2º EP e recollida de vales para adquirir material escolar ao alumnado de educación primaria: os días 8, 9 e 10 de xullo.

 

Dada a situación, agradecemos a asistencia ao centro dun único membro da unidade familiar para a realización dos citados trámites, coa fin de evitar aglomeracións e cumprindo sempre as medidas de prevención e hixiene.

 

Libros de texto 2019/20

Listaxe definitiva Fondo Solidario

Nos seguintes enlaces poden consultar as listaxes DEFINITIVAS relativas ao fondo solidario de libros de texto para o curso académico 2019/20

Listaxe definitiva admitidos

Listaxe definitiva excluídos

Distribuir contido


by Dr. Radut