Skip to Content

Biblioteca creativa

Code Week

 O alumnado de 4º de educación primaria participa na Code Week programando con mblock!

Podedes ler máis información neste enlace.

 

 

Árbore de madeira

Moitas grazas Gabriel, papá de Hugo, que nos ensinou en que consiste a súa profesión de carpinteiro.

Ademais, regalounos unha chea de xogos feitos por el e fixemos entre todos os cursos unha árbore de madeira!

Mirade dende aquí máis imaxes.

 

 

Pulseiras 25N

 Nos momentos de lecer e na sesión de Polos Creativos o alumnado eleborou unhas pulseiras co lema 25N ALTO E CLARO.

Tras recortalas en vinilo textil coa Cricut adicáronse a cortar lazo, pelar o vinilo, planchar e insertar boliñas para cerrar.

Así foi o traballo en cadea que tiñamos preparado na nosa biblio!

 

 

Obradoiro marcapáxinas

 de lecer, as nosas compis de 6º Icía e Helena, axudáronnos cun obradoiro de creación de marcapáxinas monstruosos! 


 

Kapla

Sen dúbida, a biblioteca ofrécenos sempre retos! Mirade como desfrutan cos Kapla, un xogo que anima a explorar e superar os seus propios límites, desenvolvendo así a creatividade, inxenio, lóxica e perseveranza!! 

 


 

Ideas para un inicio de curso xenial!

 


 As nenas e os nenos de 5º de educación infantil tiñan mooooitas ganas de comezar o novo curso... aquí vos deixan unhas ideas para ter un inicio de curso xenial!

 

Introdución á robótica

Ao longo do curso 2022-2023, na materia de libre configuración de 6º de educación primaria, traballaremos a introdución á robótica.

O primeiro paso é que o noso alumnado monte os robots mBot.

A partir de aquí, coñeceremos o seu funcionamento e introducirémonos na linguaxe de programación realizando prácticas como: medir a temperatura da auga, facer un semáforo para o ruído...

Podes ver máis imaxes dende aquí.

 

Vocabulario outono

Na aula de 5 anos están aprendendo un montón de palabras vencelladas co outono, nesta ocasión empregaron o beebot para levalo da imaxe á palabra.

Pasárono xenial!



 

 

 

 



Medimos a temperatura da auga

Na sesión de hoxe programamos o mbot para medir a temperatura da auga.

Descubrimos un novo sensor...

Programamos unha alarma

O reto de hoxe consistiu en programar o mBoot para que cando nos achegamos a el se encenderan os leds internos e emitise ademais unha sinal acústica.

Tivemos que pensar moito, pero... conseguido!

Distribuir contido


by Dr. Radut