Skip to Content

Lectura e familia

A voar!

Imos rematando o curso con moita festa!!

Hoxe, bailamos e cantamos ao ritmo de Ce Orquestra Pantasma.



Espectáculo baseado no libro-cd "A voar. Un conto para soñar con música para brincar", do Cê Orquestra Pantasma e editado por Miudiño S. Coop. Galega.

Toma un respiro e le

Dentro do programa "Lectura e familias" contamos cun novo recuncho na entrada do cole cheo de libros!!! As familias podedes coller prestado calquera destes libros sobre disciplina positiva, redes sociais e educación en xeral... Animádevos 

A Xanela do Maxín

Novo espectáculo dentro do programa Lectura e Familia. A Xanela do Maxín engaiolounos coas súas historias sobre a auga, o aire, o lume e a terra! 

Graciñas por vir! Encantounos!

 

Charla acoso

Na tarde de hoxe, desfrutamos dunha nova sesión do programa "Lectura e familias".

Nesta ocasión contamos, de xeito simultáneo cunha charla e un contacontos. 
Por unha banda, estivemos  con María Soto que lle transmitiu aos adultos ferramentas de educación consciente e responsable centrada no respecto mutuo para abordar o acoso escolar. 
E por outra banda, os máis peques descubriron a través do conto "O planeta sen cor" a importancia da diversidade, dos limites e da cooperación para crear ambientes de respecto, todo da man de Mamen Bazarra. 
Graciñas por vir!!

Charla acoso

O vindeiro xoves 4 de maio, na Casa da Cultura, de 16:15  a 17:15  contaremos cunha charla para adultos sobre Disciplina Positiva a cargo de María Soto de "Educa Bonito". Simultáneamente, haberá un contacontos na biblioteca do cole para nenos/as a cargo de Mamen Bazarra de "La niña del arcoiris". 

Anxo Moure

 Nesta tarde de “Lectura e familias” visitounos Anxo Moure coa súa ciclobiblioteca e moooitas historias. 


Contacontos

Paula Carballeira

Na sesión de contos de hoxe á tarde, Paula Carballeira conquistounos coas súas historias!! 
Canto nos gusta escoitala!!

Obradoiro lectura e familia

Día de Rosalía

O 23 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro.

As familias do Ceip Plurilingüe de Palas de Rei póñenlle voz a algúns dos seus poemas.

Escoitade moi atentos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut