Skip to Content

Lectura e familia

Migallas

Esta tarde, tivemos unha nova xornada de "lectura e familia" con Migallas, co espectáculo Pan de millo. 

Contáronnos un montón de historias e fixéronnos bailar con elas! 
Graciñas a todas as familias que vos achegastes a desfrutar con nós!! 

Día de Rosalía

Achégase o Día de Rosalía... algo se está cociñando na radio do cole!

Mira, mira!

 

 

Migallas

Contacontos

Hoxe, coñecemos arañas ás que non lles gusta tecer e lobos que nos fan rir cos seus "ventos", así o contou Ana Meilán. Esta escritora, visitounos grazas ao programa Lectura e Familias e, sen dúbida, animounos a ler para seguir coñecendo os personaxes dos seus libros.

Graciñas a todas as familias que participastes nesta actividade!!


Contacontos en familia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de seleccionarnos para formar parte do programa Lectura e Familias, que ten como principais obxectivos estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar e fomentar o gusto pola lectura no alumnado.

Iredes coñecendo as diferentes propostas que temos preparadas. Comezamos esta aventura cunha sesión de contacontos a cargo de Ana Meilán, o próximo xoves, día 26 de xaneiro, na Casa da Cultura de 16:15h a 17:15h.

Animámosvos a que asistades en familia, coas vosas fillas e fillos.

Moitas gracias por adiantado, pola vosa colaboración e implicación neste novo proxecto.

 

 

Lectura e familia

Lectura e familia

A biblioteca do cole foi seleccionada para formar parte do programa Lectura e Familia, integrado no plan LÍA 2021-2025 e no PLAMBE, para este curso.

Próximamente máis novidades!!

Distribuir contido


by Dr. Radut