Skip to Content

Contacontos en familia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de seleccionarnos para formar parte do programa Lectura e Familias, que ten como principais obxectivos estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar e fomentar o gusto pola lectura no alumnado.

Iredes coñecendo as diferentes propostas que temos preparadas. Comezamos esta aventura cunha sesión de contacontos a cargo de Ana Meilán, o próximo xoves, día 26 de xaneiro, na Casa da Cultura de 16:15h a 17:15h.

Animámosvos a que asistades en familia, coas vosas fillas e fillos.

Moitas gracias por adiantado, pola vosa colaboración e implicación neste novo proxecto.

 

 



story | by Dr. Radut