CEIP PLURILINGÜE DE PALAS DE REI
Queres ver o ben que loce o noso invernadoiro esta primavera? Preme aquí e descubriralo.
Que ben nos van saber estas leituguiñas no comedor do cole!
Apadriñamos árbores. Grazas á Asociación A Capela de Vilar de Donas por contar con nós para construír un entorno máis verde e cheo de vida.
aia sorpresa cando atopamos taaaaan alto o xirasol que sementamos o curso pasado!
Serviunos para traballar a motricidade fina quitándolle as súas pipas, para facer a secuencia temporal e para escribir novas palabras.
Se aínda non sabes en que consiste, non hai problema! Olla este documento e aprenderás todo o que necesitas para poñer en marcha un composteiro.
No cole xa temos un!
Bulide! Ata o día 22 de xuño, podedes ver na Casa da Cultura unha exposición fotográfica realizada polo alumnado de 1º curso.
A nós encantounos!!
As nenas e os nenos de 1º de educación primaria foron á feira a mercar unhas plantiñas para o noso invernadoiro. Foi unha experiencia xenial!
Podedes ver máis imaxes premendo aquí
No seguinte documento atoparedes un calendario de plantación con propiedades, ditos, refráns e curiosidades sobre os produtos que temos na nosa horta.
Botas postas, e listos para comezar!
Que será, será...o que comeza a agromar?
Descúbreo AQUÍ
Blog da biblio
Blog Palas é Camiño
Música, profe Susana
Profe Rocío
Profe Livia
Educación Física, profe María José