Skip to Content

Actividades

Festa fin de curso

O último día de cole tivemos festaza: inchables, pintacaras e marionetas dos Bolechas.

Grazas ao alumnado, profes, persoal de cociña, colaboradoras, conserxes, persoal de limpeza, coidadora, ao Concello, ao CIM, a Aloumiño e a ANPA... fixestes que pasaramos unha mañá xenial!

Dende aquí podedes ver máis imaxes.

 

Actividades ANPA

Nos últimos días de cole contamos cunha exhibición das distintas actividades extraescolares organizadas pola ANPA durante todo o curso, así como a visita dun piloto de rally.

Graciñas por este día!

Abellas

Graciñas á ANPA por traernos a Mercedes ao cole... contounos un montón de cousas sobre as abellas, o traballo que fan, o importantes que son e, como somos moi larpeiros, deixounos probar mel!

Mural Castelao

Un gran defensor da arte e da cultura galega asoma por un recuncho do noso cole.

Escritor, pintor, político...

Sabedes xa quen é?

Claro! O gran Castelao.

 

Graciñas á ANPA A Ulloa por xestionar a realización deste fermoso mural, elaborado por "Trece Trazos" e subvencionado pola Deputación de Lugo.

Brais das Hortas

Todo o alumnado de Educación Primaria gozou hoxe do espectáculo musical de Brais das Hortas. Unha actividade organizada pola ANPA A Ulloa e subvencionada pola Diputación de Lugo.

Distribuir contido


by Dr. Radut