Skip to Content

Visitas culturais

Na cidade Herculina

Un día estupendo pasaron as nenas e os nenos de 3º e 4º de primaria visitando a cidade de A Coruña

Castro de Viladonga

O alumnado de 5º e 6º coñeceu un pouco máis a nosa historia...

Viaxamos en tren

As nenas e os nenos de infantil viaxaron en tren ata Monforte, onde visitaron o museo do ferrocarril

Preme aquí para ver máis imaxes!

A casa das árbores

As nenas e os nenos de 1º e 2º coñeceron a Anxo Moure, mirade, mirade!

Saída Burela

O alumnado de 3º e 4º de primaria viaxou a carón do mar.

Preme na imaxe para ver máis fotografías.

Saída Granxa

Que mirarán estes peques cos seus prismáticos?

Preme na imaxe para saber máis

Saída Ribeira Sacra

A pasada semana o alumnado de 5º e 6º de primaria visitou o museo do ferrocarril de Monforte de Lemos, onde aproveitaron para dar un paseo en tren.

Pero non só viaxaron neste medio senón que tamén se subiron a un catamarán para contemplar a paisaxe da Ribeira Sacra. Lugar, onde non deixaron de aprender coa alfarería de Gundivós.

Preme aquí para ver algunha imaxe da xornada

Saída Grove

O alumnado de 3º e 4º de primaria realizou unha saída ao Grove, onde desfrutaron dunha xornada ao carón do mar. Alí, visitaron o acuario, o centro de interpretación e deron un paseo en barco.

Se queres velos preme enriba da imaxe.

Visita ao Parlamento

O alumnado de 3º e 4º de primaria formaron parte dos 400 escolares das distintas provincias galegas que visitaron o Parlamento galego.

Acompañados polos Bolechas visitaron ás instalacións e descubriron como funciona o Parlamento.

Peter Pan

O pasado venres, o alumnado de 1º e 2º de primaria viaxou ata Lugo para desfrutar do musical Peter Pan no Auditorio Gustavo Freire.

Viñeron encantados dese mundo máxico, preme na imaxe para ver algunha fotografía do día!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut