Skip to Content

Visitas culturais

Saída

O alumnado de 3º de educación primaria visita Catoira!
Premendo aquí podedes ver fotografías da xornada.

Saída Santiago

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria realizarou unha saída a MeteoGalicia onde, ademais de recibir unha sesión formativa, contemplou o lanzamento do radiosondeo. Posteriormente, visitaron o Mupega no que realizaron un xogo de pistas. Unha mañá xenial!

Dende aquí podes ver máis imaxes.

Saída Friol

O alumnado de infantil e de 1º de educación primaria visitou a fortaleza de San Paio de Narla e o Friulio... quedáronlles ganas de volver pero vestidos de castexos e    castrexas.

Mira dende aquí que ben o pasaron.

 

Arqueixal

O alumnado de 1º e 2º de primaria visitou Arqueixal e as nenas e os nenos de 3º e 4º de educación primaria achegáronse ata a Granxa A Cernada.

Coñeceron máis polo miúdo o traballo que se realiza nestas granxas e os produtos que elaboran.

Graciñas a ANPA por organizar e xestionar estas saídas!

Preme aquí para ver máis imaxes de 1º e 2º de educación primaria en Arqueixal

Preme aquí para ver ás nenas e aos nenos de 3º e 4º de primaria na Granxa A Cernada

 

 

 

Saída Coruña

No día de hoxe o alumnado de 3º e 4º de educación primaria realizaron unha visita a distintos lugares da cidade de A Coruña.

Preme aquí para ver as imaxes.

Pambre

Tocoulle o turno ao alumnado de 2º que se desprazou ata o Castelo de Pambre e os seus arredores para seguir aprendendo sobre o Camiño.

Máis imaxes aquí

Investigamos o camiño

No día de hoxe, varios cursos desprazáronse a distintos puntos do Camiño de Santiago, dentro do concello de Palas de Rei, para investigar e ver máis polo miúdo estes lugares:

Os máis peques do cole foron a Igrexa de San Tirso, ao Pazo Mariñao, ao Pazo da Ulloa, a Casa da Baíña e aos Chacotes.

O alumnado de 4º visitou o Pazo de Laia, a Igrexa de Merlán e o penedo de Casa Camiño.

As nenas e os nenos de 3º de primaria achegáronse ata Marzá para ver a súa igrexa.

Preme aquí para ver imaxes do día.

Saída

O alumnado de 2º de educación primaria visitou o MUNCYT e a Casa das Ciencias, onde ademais disfrutaron dunha sesión no planetario.

O proxecto sobre o sistema solar ten moi ilusionadas ás nenas e aos nenos. Chegarán novas emocións!

 

Preme aquí para ver máis imaxes

Castelo de San Paio de Narla

Preme na imaxe para ver como o pasaron os máis peques do cole nunha visita chea de personaxes de conto!

No acuario

Esta vez tocoulles viaxar ata A Coruña ao alumnado de 1º e 2º de primaria para visitar o Acuario.

Distribuir contido


by Dr. Radut