Skip to Content

Plambe

Dia Internacional contra a violencia de xénero

Como cada 25 de novembro, no centro realizáronse distintas actividades para reforzar valores sobre igualdade e non violencia.

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria recibiu unha charla sobre este tema enmarcada dentro do Plan Director.

Daia deixounos unhas recomendacións lectoras para poder profundizar sobre esta temática.

Sesión de cine

A biblio transformouse nunha sala de cine... con palomitas incluídas!

Unha curtametraxe de medo para este último día de Samaín.

Repetiremos!

 

Escape room Samaín

O alumnado de 6º de educación primaria participou nun escape room na biblio, onde tiveron que superar diferentes probas. Serían capaces de completar a misión?

Graciñas á ANPA por organizar esta actividade e pensar na nosa biblio realizala, quedou de meeeedo!


Recomendacións lectoras

Contos de medo

Últimas sesións de contacontos deste Samaín!

Canto nos gusta escoitar ás nosas familias e cantas sorpresas nos trouxeron!

Grazas a moreas a todas as participantes! Agardámosvos para a seguinte.

Dende aquí podes ver fotos dos contacontos de todos os grupos.

Historias do Samaín

Seguimos coa semana de contos terroríficos na biblio!

Grazas á nosa cociñeira Ana, a Marta, a Monse e aos seus axudantes Chloe, Adri, Paula e Dani por compartir con nós as vosas  fantásticas historias.

Dende aquí podedes ver máis imaxes.

Día das bibliotecas escolares

Hoxe é o Día das Bibliotecas! E non se nos ocurriu mellor forma de celebralo que mesturalo con Samaín e Halloween, e gozar de contacontos durante toda a semana na  nosa biblio.

Grazas a Susana, Carmen e Lucía por contarnos historias chulísimas!

Dende aquí podedes ver máis imaxes!

 

Na biblio

Mañas de construción e xadrez na biblio.

Recomendacións lectoras

Non podemos irnos de vacacións sen as recomendacións de Daia. Velaquí algunha suxerencia que seguro que vos gusta... cal elixes?

Paula Carballeira

Visitounos Paula Carballeira. Canto nos gustan os seus contos!

Graciñas a moreas.

Distribuir contido


by Dr. Radut