Skip to Content

Plambe

Mes da ciencia

Para finalizar o "Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares", compartimos un montón de experimentos, co aire como protagonista.

Encántanos escoitar aos nosos compañeiros e compañeiras e mostrarlles os nosos descubrimientos!! 

Ollade máis imaxes premendo aquí

Obradoiro marcspáxinas

 Nas horas de lecer, as nosas compis de 6º Icía e Helena, axudáronnos cun obradoiro de creación de marcapáxinas monstruosos! 


 

Contacontos polo Samaín

Cando veñen as familias ao cole créase un ambiente especial!

Canta ilusión por escoitar esas historias de meeedo que nos tiñan preparadas.

Grazas a moreas pola vosa participación, non deixades de sorprendernos.

Dende aquí podedes ver máis fotografías dos contacontos nas diferentes titorías.

Neste Samaín…

Recanto da biblio!

 

E recomendacións lectoras! 

Día das bibliotecas

Este curso o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia é "Unha biblioteca escolar en viñetas", e quere poñer o foco na importancia do cómic para a formación do itinerario lector, o cómic como un lugar para encontrarse. 
Nós tamén quixemos facer os nosos cómics nun mural que nos serviu para decorar o recuncho sobre este tema.

Mirade, mirade!

Kapla

Sen dúbida, a biblioteca ofrécenos sempre retos! Mirade como desfrutan cos Kapla, un xogo que anima a explorar e superar os seus propios límites, desenvolvendo así a creatividade, inxenio, lóxica e perseveranza!! 

 


 

Día das escritoras

Conmemoramos o Día das Escritoras na nosa biblio!!

Biblio patio

A biblio patio sae para aproveitar estes últimos días de verán!

Canto nos gusta! 

Ideas para un inicio de curso xenial!

 


 As nenas e os nenos de 5º de educación infantil tiñan mooooitas ganas de comezar o novo curso... aquí vos deixan unhas ideas para ter un inicio de curso xenial!

 

Recomendacións lectoras

Este verán Daia recomenda...

Preme na imaxe para descubrilo!

Distribuir contido


by Dr. Radut