Skip to Content

Palas é camiño. PDI 21/22

Agasallo

Dentro do Proxecto Palas é Camiño, a Xunta de Galicia entrégalle ao alumnado de infantil, 1º e 2º de educación primaria, un conxunto formado por chaleco, viseira, mochila e suadoiro. Estamos listos para o Camiño!

Palas é camiño

Día Mundial da saúde

Conmemoramos o Día Mundial da Saúde facendo unhas pequenas rutas.

Por onde? Que mellor lugar que o Camiño de Santiago... mirade, mirade!

 

Imos de Camiño

Queres completar unha etapa do Camiño dende a casa?

Únete ao reto e por cada hora de actividade física (camiñar, xogar, montar en bici, bailar...) que realices nestas vacacións conseguirás 10 km. do Camiño de Santiago.

Premendo en cada curso poderás ver a etapa correspondente.

Anímate!

4º Educación infantil 5º Educación infantil 6º Educación infantil
1º Educación primaria 2º Educación primaria 3º Educación primaria
4º Educación primaria 5º Educación primaria 6º Educación primaria

 

Vilar de Donas

O alumnado de 1º de educación primaria coñeceu polo miúdo un dos puntos polos que pasa o Camiño De Santiago: a Igrexa de Vilar de Donas! Son todo oídos! Canto aprenderon!

Pambre

Tocoulle o turno ao alumnado de 2º que se desprazou ata o Castelo de Pambre e os seus arredores para seguir aprendendo sobre o Camiño.

Máis imaxes aquí

Contacontos

Recibimos unha visita moi especial! Nunha sesión de conta contos o alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria aprenderon moitas cousiñas sobre o Camiño De Santiago.

En camiño

Seguimos en camiño, hoxe foi o turno do alumnado de 5º de educación primaria.

Velaquí os tedes en Ferreira. 

Investigamos o camiño

No día de hoxe, varios cursos desprazáronse a distintos puntos do Camiño de Santiago, dentro do concello de Palas de Rei, para investigar e ver máis polo miúdo estes lugares:

Os máis peques do cole foron a Igrexa de San Tirso, ao Pazo Mariñao, ao Pazo da Ulloa, a Casa da Baíña e aos Chacotes.

O alumnado de 4º visitou o Pazo de Laia, a Igrexa de Merlán e o penedo de Casa Camiño.

As nenas e os nenos de 3º de primaria achegáronse ata Marzá para ver a súa igrexa.

Preme aquí para ver imaxes do día.

Entroido 2022

Neste entroido disfrazámonos de peregrinos e peregrinas para facer o camiño por Palas.

Graciñas a todos os que colaboraron en selar a nosas credenciais!

Preme aquí para ver imaxes do día.

Distribuir contido


by Dr. Radut