Skip to Content

Complementarias

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril, DÍA DO LIBRO, quixemos facer unha homenaxe a CERVANTES e fixemos unha lectura continuada en voz alta do seu libro

D. Quijote de la Mancha. Lemos unha versión adaptada á nosa idade.

Xuntámonos todos os nenos e nenas do cole no edificio da entrada e, mentras un lía, todos os demais escoitabamos atentamente. Esta vez

tocounos ler a todos os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo.

    "el que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho"

Miguel de Cervantes Saavedra

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

A semana do 8 ao 21 participamos na Semana escolar da Árbore e da Auga, promovida pola Deputación.

Todos os nenos e nenas lemos o libro Viaxe polos ríos e árbores dos Ancares. E o día 22 ás 12 de mañá prantamos un bidueiro no patio do cole.  Entre todos os nomes propostos para o noso bidueiro saiu elexido INVERNIÑO

BENVIDO AO COLE INVERNIÑO         

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

O día 8 de marzo todos os nenos e nenas do cole, con motivo do DÍA DA MULLER TRABALLADORA, participamos no concurso organizado polo CIM, e resultaron elexidos os debuxos de:

  • GAEL VÁZQUEZ VILLASANTE
  • ÁLVARO MÍGUEZ PÉREZ
  • MARTÍN PORTO GONZÁLEZ
  • SHEILA PEREIRA FERREIRA                                     
  •  ¡PARABÉNS A TODOS!

                  

No ENTROIDO todos os nenos e nenas do colexio....

fixemos un montón de caretas que expuxemos na entrada do cole. Utilizamos diversos materiais: telas, lás, papeis diferentes, ceras...

As nenas de 6º curso contaron un conto, co apoio da PDI, aos nenos de Infantil

Pola tarde baixamos todos á pista cuberta e 5º curso cantounos unha murga e un grupo de 6º bailou para todos nós.

O 31 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ

Todos os nenos e nenas do cole fixemos diferentes actividades na nosa clase. E todos nós participamos na elaboración do noso MURAL DA PAZ: UN PARAUGAS MOI GRANDE QUE NOS PROTEXÍA DAS GOTEIRAS MALAS MALAS...

O 21 DE DECEMBRO XUNTÁMONOS TODOS OS CURSOS NO COLEXIO DE ABAIXO PARA CELEBRAR O NADAL...

SE QUEREDES VER AS FOTOS PREMEDE NA IMAXE

Distribuir contido


by Dr. Radut