Skip to Content

ADMISIÓN E MATRÍCULA. 2018/19


Aberto o proceso de admisión do alumnado para o curso 2018/19.

LEXISLACIÓN:

DECRETO 254/2012

ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013

ORDE DO 25 DE XANEIRO DE 2017

O noso centro dispón de comedor e transporte. Está adscrito ao IES do Camiño (Palas de Rei)


RESERVA:
Deberán presentar a solicitude de reserva de praza neste centro:
•    Únicamente alumnado de 6º matriculado neste colexio e que no vindeiro ano cursará 1º de ESO no IES do Camiño (Palas de Rei)
•    Prazo: do 1 ao 15 de febreiro.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN
Deberán presentar solicitude:
1.    Alumnado que desexe cambiar a outro centro educativo.
2.    Alumnado que solicite posto escolar por primeira vez.

Prazo de entrega: do 1 ao 20 de marzo.

ENTREGA DE SOLICITUDES

Tanto a solicitude de reserva como de admisión poderá entregalas:

  1. Na Secretaría do Colexio
  2. Telemáticamente no seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

IMPORTANTE!
Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, de non facelo así perderá o dereito de prioridade que puidera corresponderlle.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.


MATRÍCULA
O alumando admitido deberá formalizar matrícula no centro educativo correspondente, entregando a solicitude de matrícula debidamente cumprimentada xunto coa documentación requerida.

Prazo: do 20 ao 30 de xuño.


MODELOS DE SOLICITUDES. Prema nos seguintes enlaces para obter os modelos de solicitudes

Reserva de praza

Solicitude de admisión

Matrícula


DOCUMENTACIÓN PARA ADMISIÓN E FORMALIZAR MATRÍCULA

A parte das solicitudes correspondentes, deberá presentar a seguinte documentación:

Tamén pode recoller as solicitudes e demais documentación na Secretaría do centro.

DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secre-taría Xeral Técnica da dita consellería, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxt.cultura.educacion@xunta.gal».

 



page | by Dr. Radut