Skip to Content

Complementarias

MAGOSTO-CAMPIONATO DE PEÓN 2015

O pasado venres celebrouse no noso centro o Magosto. Aproveitando a ocasión, o alumnado participou no 3º campionato de peón.

Se premedes na imaxe, poderedes acceder á galería fotográfica.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano celebramos a Semana das Letras Galegas, con diversos actos que non todos se desenvolveron na mesma semana:

  • Saída a Vilar de Donas: alí, en Vilar de Donas, tivemos unha xornada de convivencia. A eso das 10 da mañá todo o colexio, profesorado e alumnado, marchamos para Vilar de Donas.

Os maiores, 3º,4º,5º e 6º, foron camiñando dende o Ferradal ata Vilar de Donas, pero os mais pequenos fomos en autobús.
A parte dos xogos, da comida ao aire libre... tivemos dúas visitas moi interesantes, e dende logo encantáronnos:

  • Raúl e outro compañeiro trouxeron dous cabalos preciosos, eles pertencen a unha asociación de cabaleiros, e, grazas á súa amabilidade tivemos ocasión de aprender moitas cousas dos cabalos. Algúns nenos incluso montaron a cabalo, outros non quixemos, dábanos un pouco de medo porque os cabalos estaban un pouco nerviosos pola algarabía de todos nós.
  • Tamén nos visitaron os mozos e mozas da Asociación Palacio do Rei, tocaron varias pezas e nós bailamos.

 

  •  Teatro: O grupo Metátese representou para nos unha obra na biblioteca, pasámolo mui ben, rimos moito, moitísimo.

 

  • Os monicreques: os nenos de 6º como ven sucedendo nos últimos anos, moveron as marionetas cunha habilidade sen par, sempre baixo a vixianza do organizador, o noso mestre Suso, representaron As aventuras de Peneque o Valente

 

PLAN DIRECTOR

O pasado 27 de abril, dentro do programa Plan Director, tivemos unha charla sobre o Acoso Escolar. Ramón, membro da Garda Civil, foi o encargado de facernos reflexionar sobre o tema, a verdade é que nos demos conta de moitas cousas.

Pola tarde, ás 16:30, tivo lugar a charla para os pais/nais, na biblioteca do centro. A esta charla estaban invitadas todas as familias da nosa comunidade escolar.

DÍA DO LIBRO

O día 23, Día do Libro, tivemos dúas actividades superinteresantes:

 

  • A primeira hora visitounos o escritor Toño Núñez, pasámolo tope ben con él e cos seus libros. Preguntámoslle moitas cousas sobre a súa vida e os seus contos, e a verdade é que sempre nos aclarou, con moito cariño, todo o que nos lle preguntamos. Aos de 6º xa lles dixo que os esperaba o vindeiro ano, que sorte! daralles clase de Lingua Galega e co divertido que é.... supoño que as clases tamén serán moi agradables.

 

               Grazas Toño polo bo anaco que pasamos contigo, e sobre todo polas túas historias!! 

               Clicade na imaxe para ver outras fotos.

 

 

                           

 

 

 

  • E, coma todos os anos, os nosos compañeiros e compañeiras da Escola de Teatro, dirixidos por Afonso, estiveron actuando para nós, coma sempre rímonos moito, creo que o ano que ven tamén me vou apuntar a teatro de tanto que me gustou.

        Grazas Afonso!! grazas compañeiros e compañeiras!!

        Si clicades na foto veredes algo mais da preciosa actuación.

 

 

O DÍA DA AUGA E DA ARBORE

O día 19 celebramos no cole o Día da Auga e da Arbore. En realidade tiña que ser o 21 e 22, pero claro como cadraba en fin de semana estabamos na casa.

Durante esa semana estivemos lendo os libros que nos regalou a Deputación:

  • Dama da Auga e os segredos das Arbores.
  • Dona Pinga, dona Landra e don Carballo sempre amigos.

E o 19 ás 12 da mañá, todos e todas baixamos ao patio para prantar o noso acivro. Este ano tocoulle aos de 6º prantalo, porque claro como se van para o vindeiro curso, quedaranos de recordo, a nos tócanos cuidalo, e así o ano que ven os de 6º terán que vir ver como medra.

Pero aínda nos quedaba algo importante que facer: poñerlle o nome. Así que todos os cursos metemos nunha bolsa os nomes que eleximos e unha man inocente sacou unha papeleta e leu en voz alta: TRACTOR... quedamos un pouco abraiados, pero cando soubemos que ese nome o elexira Edu, un neno de tres anos, pensamos si a Edu lle gusta a nos encántanos.

Se queredes ver a Edu con Tractor clicade na cámara.

 

O BARCO MURALLA

O día 3 de marzo, tivemos a visita no cole do Barco Muralla de Deputación. Foi un día verdadeiramente chuviosa e con moita néboa, de feito ás veces pola cantidade de auga parecía que estabamos no mar.

ENTROIDO 2015

Este ano celebramos o Entroido no cole o día venres pasado.

A verdade é que o tempo pouco nos axudou pero pasámolo ben igual.

Fixemos moitas caretas, que expuxemos na entrada do cole: si queres podes clicar en AQUÍ e buscar a túa. Hainas preciosas, verdade?

Pola tarde baixamos ao patio, todo o mundo disfrazado.

Os de 4º cantaron unhas murgas, e todos xuntos cantamos o estribillo: querían un ascensor, non querían deberes... ata mandaron aos mestres e mestras a un mosteiro...

Bueno clicade na cámara para ver un pouquiño do ben que o pasamos, e de paso podédesvos buscar e ver o guapos que estabades.

INFANTIL E PRIMEIRO NA TELE

Fai xa mais de dous meses que a TVG estivo no cole gravando os nenos de INFANTIL e 1º de PRIMARIA, porque catro dos seus compañeiros e compañeiras foron protagonistas do programa E AGORA QUE?:

  • Marcos Arias Arias
  • David Ogando Bruzos
  • Uxía Pampín Expósito
  • Xoan Quintás Vázquez

E se queredes ver outra vez o programa, aquí vos deixo o enlace.

Na clínica veterinaria.

DÍA DA PAZ

O día 30, venres, celebramos o día da PAZ.

Uns días antes fixemos un mural, O TREN DA PAZ, e enchemos os vagóns de corazóns. Cada un de nos puxo un desexo no corazón, quedounos chachi.

Logo pola tarde cantamos todos xuntos PAZ, PAZ, PAZ, un canción de Juanes.

Ibamos a cantala fóra, pero o mal tempo non nos deixou, e cantámola na entrada, por eso estamos un pouco apelatonados, pero saiunos moi ben.

Se queredes ver unhas fotos, clicade no collage.

NADAL 2014

Este ano para celebrar a chegada do Nadal, os nenos e nenas de Primaria, sempre coa axuda do noso profe Suso, fixemos un mural enorme, tivemos que recortar, pegar, debuxar... pero quedounos precioso. Os de Infantil tamén fixeron o seu coas súas profes, e... que coincidencia, como o noso, tamén tiñan as árbores de Nadal como protagonistas, mirade:

Pero o día grande foi o 19. Todos os nenos e nenas do cole fomos á Casa da Cultura para celebrar O Nadal, e todos os cursos participamos no festival: bailamos, cantamos panxoliñas, fixemos representacións... estabamos un pouco nerviosos, porque todos tiñamos que actuar para o resto do cole e, claro, tamén para os papás e mamás que nos quixeron ver actuar. Pero de todas maneiras saiunos todo ben, eu diría que moi ben, porque ensaiamos moito coa nosa profe de música, Eva.

Os nenos de Infantil tamén estiveron mui ben, fixeron unha árbore preciosa con regalos, e cada vez que colocaban unha caixa pedían un desexo, estivo moi divertido. e conseguiron facer a árbore, no escenario, ata con estrela!

María de 6º interpretou ao piano Para Elisa, unha peza preciosa, e logo con Manuel, Leticia, David e Sandra (coa flauta) tocaron Jingle Bells.

Presentaron o festival Uxía e Luis de 6º e, realmente, de ben que o fixeron parecían verdadeiros profesionais.

Este ano ata os profes nos adicaron unha panxoliña!

E tamén houbo regalos:

  • O concurso de postais do Concello gañarono:
    • Adrián de Infantil
    • Gael de 1º
    • Paula de 4º
    • Sandra de 6º
  • O concurso de postais do cole:
    • Gael de 1º
    • Laurra de 2º
    • Laia de 3º
    • Marcos de 4º
    • Rita de 5º
    • Leticia de 6º

Clicade na cámara para ver un resumo do noso festival.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut