Skip to Content

NADAL 2014

Este ano para celebrar a chegada do Nadal, os nenos e nenas de Primaria, sempre coa axuda do noso profe Suso, fixemos un mural enorme, tivemos que recortar, pegar, debuxar... pero quedounos precioso. Os de Infantil tamén fixeron o seu coas súas profes, e... que coincidencia, como o noso, tamén tiñan as árbores de Nadal como protagonistas, mirade:

Pero o día grande foi o 19. Todos os nenos e nenas do cole fomos á Casa da Cultura para celebrar O Nadal, e todos os cursos participamos no festival: bailamos, cantamos panxoliñas, fixemos representacións... estabamos un pouco nerviosos, porque todos tiñamos que actuar para o resto do cole e, claro, tamén para os papás e mamás que nos quixeron ver actuar. Pero de todas maneiras saiunos todo ben, eu diría que moi ben, porque ensaiamos moito coa nosa profe de música, Eva.

Os nenos de Infantil tamén estiveron mui ben, fixeron unha árbore preciosa con regalos, e cada vez que colocaban unha caixa pedían un desexo, estivo moi divertido. e conseguiron facer a árbore, no escenario, ata con estrela!

María de 6º interpretou ao piano Para Elisa, unha peza preciosa, e logo con Manuel, Leticia, David e Sandra (coa flauta) tocaron Jingle Bells.

Presentaron o festival Uxía e Luis de 6º e, realmente, de ben que o fixeron parecían verdadeiros profesionais.

Este ano ata os profes nos adicaron unha panxoliña!

E tamén houbo regalos:

  • O concurso de postais do Concello gañarono:
    • Adrián de Infantil
    • Gael de 1º
    • Paula de 4º
    • Sandra de 6º
  • O concurso de postais do cole:
    • Gael de 1º
    • Laurra de 2º
    • Laia de 3º
    • Marcos de 4º
    • Rita de 5º
    • Leticia de 6º

Clicade na cámara para ver un resumo do noso festival.

 



page | by Dr. Radut