Skip to Content

Complementarias

Entroido 2018

Chocolatada, disfraces e baile para festexar o entroido.

Preme  na imaxe para ver máis fotografías.

Día da Paz 2018

"Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo" 

Estas palabras díxoas MALALA, unha nena que loita polos dereitos das persoas. Nun día coma o de hoxe quixemos rendirlle homenaxe elaborando este mural e, como non, poñéndolle un pouco de música.

 

Festival 2017

Velaquí un anaco do que foi o Festival.

Agardamos que o desfrutades tanto coma nós!

 

 

Magosto e Día do Peón

O pasado  venres tivo lugar o VI Campionato de Peón no cole, noraboa a todo o alumnado participante!! Agora seguide practicando para o vindeiro curso!

Pero non só fixemos rodar os peóns tamén comemos unhas castañas para celebrar o magosto.

Preme na imaxe para ver máis fotografías do momento.

 

Samaín

Graciñas a todas as familias pola vosa colaboración!

Portas terroríficas!

Así de terroríficas lucían as portas do cole estes días de Samaín..uuuuh!

Preme na imaxe para velas polo miúdo

Fin de curso 2017

Xogos, baile, maxia, monicreques e moita diversión para rematar o curso.

Boas vacacións!!!

Preme na imaxe para ver máis fotografías

Vilar de Donas

No día de hoxe, desprazámonos ata Vilar de Donas, os máis pequeniños en bus e os maiores camiñando. Alí, agardábanos unha fermosa paisaxe, moito xogo, unha riquísima comida e, por suposto, diversión cos nosos amigos e amigas.

Preme aquí para ver máis imaxes.

Ameneiro

A partir de hoxe temos unha nova árbore no cole: un ameneiro. 

Entre moitos nomes o elexido foi Broncoi, así que soamente nos queda coidalo, un pouco de auga, outro pouco de sol, boa terra e...como dixeron as nenas e os nenos paciencia, para que medre e nos dea sombra.

Preme na aquí para ver máis imaxes da plantación.

Entroido 2017

Un cento de superpoderes xuntáronse o día do Entroido no cole, O que quedou claro é que non nos falta o superpoder de pasalo ben!!

Graciñas ao grupo MERLÁN por agasallarnos con ese fin de festa tan especial, vaia sorpresa!

Preme na imaxe para ver as fotografías do entroido

 

Distribuir contido


by Dr. Radut