Skip to Content

Complementarias

Uxía Lambona e a Banda Molona

"Ei, rapaza! E vós que queredes?

Bailar coma tolos!"

Levabamos moitos días ensaiando e por fin chegou o día!!

Fartamos a bailar e cantar!

Graciñas ao Concello de Palas de Rei por cofinanciar este concertazo.

Non perdades as imaxes do momento premento aquí

Día do Medio Ambiente

Conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente como máis nos gusta: XOGANDO!

Grazas á colaboración das familias pasámolo en grande con estes fantásticos xoguetes realizados con material de refugallo.

Preme na imaxe para ver máis fotos.

Obradoiros

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria gozou de obradoiros de teatro e cine sobre igualdade da man de Coeduca.

Graciñas á ANPA por organizar esta actividade.

Venres de teatro

Somos moi afortunados! Un día máis Metátese Teatro agasallounos cos seus "contos, lendas e outras historias". Graciñas!

Imos ao teatro

Comeza o espectáculo para recibir a Alentía teatro, coa súa obra "Escada de contos"

Canto nos divertimos. Graciñas a moreas!

Día do libro 2021

 Nunha data tan especial quixemos crear e ilustrar os nosos propios contos. Organizámonos de dúas en dúas aulas e inventamos historias cheas de emocións.

 Preme na imaxe para poder lelas, nos as podedes perder!

 

Brais das Hortas

Todo o alumnado de Educación Primaria gozou hoxe do espectáculo musical de Brais das Hortas. Unha actividade organizada pola ANPA A Ulloa e subvencionada pola Diputación de Lugo.

Obradoiro

Grazas á ANPA "A Ulloa" todo o alumnado de educación primaria gozou dun obradoiro sobre educación ambiental da man de Quercus Sonora.

Encantounos!

8M

Conmemoramos o Día da Muller traballadora con baile, obradoiro de conto ilustrado (para o alumnado de 1º e 2º de primaria), e unhas cantas lecturas,...estade atentas e atentos! Pronto saberedes o que aconteceu na casa de familia Porcón.


Día de Rosalía

Rosalía de Castro achegouse ata a árbore da biblio guiada por unhas voces que recitaban os seus poemas.

Queredes oilas?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut