Skip to Content

Complementarias

Día da árbore

Apadriñamos árbores. Grazas á Asociación A Capela de Vilar de Donas por contar con nós para construír un entorno máis verde e cheo de vida. 

Contacontos

Recibimos unha visita moi especial! Nunha sesión de conta contos o alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria aprenderon moitas cousiñas sobre o Camiño De Santiago.

En camiño

Seguimos en camiño, hoxe foi o turno do alumnado de 5º de educación primaria.

Velaquí os tedes en Ferreira. 

Saint Patrick´s Day

O 17 de marzo celébrase en Irlanda la festa de Saint Patrick e... no cole de Palas, hoxe, sentímola grazas a Jacqueline.

Procedente deste país, contounos a súa historia, tradicións e ata nos preparou uns ricos biscoitos para a hora da merenda.

Mil grazas por vir!

 

Grazas tamén a nosa teacher Nuri por achegarnos outras culturas e conseguir sacar o noso lado máis creativo a través das “crafts”

 

Dende aquí podedes ver máis imaxes.

Historias que contar

Seguimos tendo historias para oír e desfrutar coas nais e avoas.

Canto nos ensinan!!

Graciñas!!

Dende aquí podedes ver máis imaxes.

8M

Conmemoramos o Día da Muller traballadora participando na II Marcha pola Igualdade organizada polo centro de información á muller do Concello de Palas de Rei. O alumnado de primaria fixo o percorrido dende o Concello ata o cole, mentras que o alumnado de educación infantil saíu ata a praza da Ulloa (como medida preventiva por mor das inclemencias meteorolóxicas)

Todas e todos cun obxectivo común: a búsqueda de igualdade e non discriminación.

Completámola xornada escoitando a algunhas das nais do alumnado, que nos ofreceron unha visión moi interesante sobre o seu traballo e as súas experiencias en relación coa igualdade.

 

Preme para ver máis imaxes do día.

Entroido 2022

Neste entroido disfrazámonos de peregrinos e peregrinas para facer o camiño por Palas.

Graciñas a todos os que colaboraron en selar a nosas credenciais!

Preme aquí para ver imaxes do día.

Día da Paz e non violencia

Carreira solidaria polo día da paz dentro da iniciativa "kilómetros de solidaridad" de Save the Children.

Preme aquí para ver máis imaxes,

Novas medidas anti COVID

Deixámosvos un resumo do Novo Protocolo de Vixilancia e Control Epidemiolóxico Fronte ao COVID no ámbito educativo.

Premendo neste enlace podedes acceder ao Protocolo para a detección de infección polo SARS-Cov-2 con test rápido de antíxeno en saliva en centros de educación primaria.

Mes da ciencia

Unha manchea de datos curiosos e moita ciencia pasaron hoxe pola nosa biblio!

Canto nos sorprendemos e canto aprendemos!

Mirade, mirade...

Distribuir contido


by Dr. Radut