Skip to Content

Complementarias

Billar

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria desprazouse a Adai (O Corgo) para participar na actividade "Iníciate ao billar", promovida por Xogade. 
Pasárono xenial! 
Podedes ver máis imaxes dende aquí. 

Mago Antón

Grazas ao Concello, hoxe sorprendémonos cos trucos de maxia do Mago Antón.

De cine

Hoxe, o alumnado de sexto coñeceu un pouco máis de preto o mundo do cine da man de Xabier Mailán, director de cine.

Gracias a Marta por facelo posible.

Sotavento

Estes días, tivemos unha nova actividade vencellada co PDI deste curso “A nosa pegada”

Visítannos dende Sotavento para darnos a coñecer alternativas non contaminantes para producir enerxía… foi fantástico experimentar con auga, co vento e co sol para conseguir encender a nosa propia luz. E para rematar, tomamos leite ben quentiño empegrando un forno solar. 

Encantounos! 

Podedes ver máis imaxes dende aquí! 

 

Teatro

O "Obradoiro Municipal de teatro de Palas de Rei" representou para todo o alumnado a obra "A maleta dos contos viaxeiros".

Graciñas por achegarnos o teatro á escola!

Vilar de Donas

Hoxe, foi un día estupendo en Vilar de Donas!!! Fixemos un maio entre todos e todas, cantamos, tocamos, bailamos, recitamos, xogamos moito...

Acompañáronnos as amigas e amigos do grupo "Fonte de Merlán"... moitas grazas!!!!

Para rematar comemos todas e todos xuntos!

Dende AQUÍ podedes ver algunha foto da xornada. 

Maio

O vindeiro xoves día 18 de maio, realizaremos unha convivencia en Vilar de Donas para festexar os maios.

Aquí tedes algunhas fotos que vos poden servir de exemplo para traer as flores que vos pedimos.

Gracias pola vosa colaboración.

Visita CD Lugo

Representantes do CD Lugo visitáronnos hoxe!

Ademais de responder a todas as preguntas que lle formulou o alumnado agasalláronnos cunha entrada para ver o partido deste domingo.

Preme aquí para ver máis imaxes. 

Día Mundial do teatro

Alentía teatro agasallounos  uns "Contos na escada" para conmemorar este día.

Encantáronnos!

Grazas a moreas!

Teatro

O martes imos ao teatro!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut