Skip to Content

Complementarias

Maxia pola igualdade

Graciñas á ANPA a Ulloa por traernos ao Mago Paco.

A través da súa maxia mostrounos que "SER DIFERENTES É O QUE NOS FAI SER ÚNICOS"

Día Mundial dos nenos e das nenas

Temos dereito:

Actividades igualdade

No día de hoxe, Branca Villares, mestra de música tradicional, impartiu unha actividade de formación e sensibilización do alumnado de 5º e 6º de primaria en materia de igualdade e erradicación da violencia contra as mulleres. 

Pola súa banda, o alumnado de 4º de educación primaria tivo unha actuación a cargo de Migallas Teatro centrada nesta mesma temática.

Ambas actividades foron organizadas pola ANPA A Ulloa. Graciñas!

Plan director

No día de hoxe, visitounos a Garda Civil para ofrecer charlas, dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria sobre acoso escolar e adición a videoxogos, enmarcadas dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade en Centros Educativos e os seus entornos.

Ademáis, ofreceron a posibilidade ao alumnado de infantil, de 1º e 2º de educación primaria de coñecer os seus vehículos moi de preto... pasárono xenial.

Dende aquí podedes ver máis imaxes.

 

Programa de educación afectivo sexual

Durante o mes de novembro o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria está asistindo a charlas sobre Educación afectivo sexual impartidas por Raquel Graña.

"Este programa céntrase na adquisición de coñecementos, estratexias e habilidades para promover unha educación sexual adecuada e sa, así como promover a igualdade de xénero tanto a alumnado como as familias que integran as asociacións"

Dende aquí podedes acceder a un documento cos obxectivos e actividades que se realizan en cada un dos cursos.

 Esta actividade está organizada pola ANPA A Ulloa.

Magosto e campionato de peóns

Pasámolo xenial nunha xornada na que non deixaron de xirar os peóns e merendamos ricas castañas asadas!

Ollade!

 

Campionato peóns

Achégase o día!

 

Quen dixo medo?

Neste Samaín o cole transformouse para vivir máis de preto o Samaín e o Halloween...

Preme na imaxe para non perder detalle.

Comeza o baile

Arranca o novo curso!

Vedes algunha cara coñecida?

Charanga Ardores

Estamos tendo uns días de fin de curso con moito ritmo!

Hoxe, fíxonos bailar e pasalo en grande a Charanga Acordes, da que forma parte o noso profe de música, Jose!

Non podemos estar máis agradecidos por este enorme agasallo. 

Contaxiáronnos a súa boa enerxía... graciñas a moreas!

Distribuir contido


by Dr. Radut