Hora de ler

Formigas4S

O alumnado de quinto descubre que os FORMIG4S investigan cal é a causa de que a obra de Rosalia este desaparecendo, para esclarecer este estraño suceso viaxarán no tempo ata o século XIX por Compostela e a súa contorna. Alí vivirán unha trepidante aventura para salvagardar o legado e a propia vida de Rosalía de Castro.

Ao rematar o libro decátanse de que todo era ficción. Rosalia de Castro nunca desaparecerá, esta máis de moda ca nunca... se o queres comprobar só tes que pinchar nas seguintes ligazóns:

  • MALAXENTE (Versión do poema de Rosalía de Castro coa música de Rosalía)

Hora de ler en 6º de EP

No presente curso escolar 2021/2022, a hora de ler, en 6º curso de Primaria,  realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura e incluídos dentro do programa Clube de Lectura.

A configuración da hora de ler estivo deseñada polo titor D. José Antonio Regal Vázquez e por Dna. María Pilar Iglesias Gómez , centrándose nos seguintes obxectivos:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Afianzar valores (amizade, verdade, respecto, empatía,...).
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer e valorar a importancia do noso entorno e do planeta.
  • Coñecer e aceptar a propia identidade.
  • Valorar a amizade e o compañeirismo.
  • Ampliar o vocabulario a través dos contos.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.

Actividades.

  • Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
  • Dramatizar algún episodio do conto.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Traballamos coa prensa analizando noticias. Comprobamos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.

Temporalización.

Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse os seguintes libros:

1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • A folla azul de Andrea Maceiras da editorial Xerais.  

O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da Amazonia que é un mundo verde e único. Husu Aké salvou a súa xente, pero algo nela cambiou para sempre. A nena acabará deixando a aldea para vivir coa familia branca. Alí converterase en avogada e nunha activista polos dereitos dos pobos indíxenas.

Unha vez traballado o libro , os alumnos realizaron un CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA, sobre os temas tratados no libro, que servirán de complemento ás actividades propostas en relación ao noso Proxecto Documental Integrado “ O Sueiriño a diversidade respecta, traballemos xuntos a prol do planeta”.

2º trimestre: libros comúns a todos os nenos e nenas.

  • Alguén roubou o inverno. Editado pola Deputación de Ourense . Conta a historia da Ecopanda, un grupo formado por cinco adolescentes e un robot, que traballa pola conservación da natureza.
  • Cuentos para niños y niñas que quieren salvar el mundo de Carola Benedetto y Luciana Ciliento.

O libro traballouse nos meses febreiro , marzo e nas dúas primeiras semanas de abril do curso escolar 2021/2022 e versa sobre distintas personalidades que traballaron a prol do noso planeta facendo , en forma de conto, unha pequena biografía de cada un deles .


3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • Palabras de auga de Marcos Calveiro. Ed. Merlín.

O libro traballouse neste 3º trimestre  e relata unha viaxe ao interior do continente africano  . da súa cultura e das duras condicións de vida ás que se ven sometidos os membros do clan Wataki da tribu dos Kimba.
Como remate ao traballo realizado organizamos un novo CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA sobre devandito libro  e as actividades con el relacionadas.

  • Tu planeta te necesita de Philip Bunting.

O libro traballouse dentro da hora de ler e como complemento ás actividades relacionadas co noso PDI , sendo unha guía optimista para reducir, reciclar, reutilizar e renovar.

 

Hora de ler en 6º de EP. en inglés

Tomando como punto de partida o libro “Caring for our planet”, desenvolvemos as actividades previas, durante e posteriores á lectura, tal e como se recollía na programación de inicio de curso.

Como todos os proxectos teñen vida propia, este evolucionou cara á celebración dun cumio polo clima como remate da actividade.

O desenvolvemento completo das accións levadas a cabo na Hora de Ler pódense seguir no enlace:

Hora de ler en Ed. Infantil no curso 2021/2022

Neste curso 2021-2022  desfrutamos da lectura dun montón de contos con valores que traballamos con conciencia individual e de grupo, sobre todo as emocións e os sentimentos, en sesións de 20 minutos despois  do recreo e dunha pequena relaxación. En moitas ocasións a lectura do conto necesitaba dúas ou tres sesións, contando coas actividades que as acompañaban.

  • MONSTRUO DE COLORES de Ana Llenas , ED. Flamboyant.
  • El MONSTRUO DE COLORES VA AL COLE de Ana LLENAS
  • MONSTRUO ROSA. De Olga de Dios
  • RANA DE TRES OJOS De Olga de Dios
  • PÁJARO AMARILLO De Olga de Dios
  • UNA RICA MERIENDA ED. ANAYA. De Rocío Antón y Lola Núñez. De la colección, Y...ÉRASE OTRA VEZ.
  • EL HADA AGUA Y JABÓN, ESTA ES OTRA HISTORIA De Rocío Antón y Lola Núñez. ED. S.M.
  • AYUDEMOS A CENICIENTA, ESTA ES OTRA HISTORIA De Rocío Antón y Lola Núñez. ED. S.M.
  • A COLMEA. Petra Bartikova. BAÍA EDICIÓNS.
  • EL CICLO DE LA MIEL. ED. EVEREST Cristina Quental Marina Magalhaes.
  • A QUE SABE UN BESO De Olga de Dios.
  • ¿TE ABURRES MINIMONI? De Olga de Dios.
  • UNA EIRUGA MOI LARPEIRA. Erick carle . ed KÓKINOS.
  • 1,2,3 A CONTAR CACAS. GÉRALDINE COLLET. ÉRIC GASTÉ. Ed. CUBILETE.
  • Wangari y los árboles de la Paz. JEANETTE WINTER. EDICIONES EKARÉ.
  • Chivos Chivones. Texto de Bata. Kalandraka
  • A ovella que chocou un ovo. Gemma Merino. Picarona.
  • El conejo blanco. Bata. Kalandraka.
  • Chocolata. Marisa Núñez y Helga Bansch. OQO editora.
  • Hasta que podamos abrazarnos. Eoin McLaughlin y Polly Dunbar. Algar.
  • El lapicero mágico. Luis Amavisca. Nubeocho.
  • El Abejoso. Nadia Shireen. Ed. Cubilete.
  • Pingüino azul. Petr Horácek. Juventud.

Os obxectivos que pretendemos conseguir son os seguintes:

  • Aproximación a lectura de diversos contos coa temática dos nosos proxectos, e potenciando o traballo dos valores, dentro da aula, e na súa vida.
  • Motivar e estimular os nenos pola lectura  .
  • Desenvolvemento da creatividade, atención e linguaxe.

Para conseguilo realizamos diferentes actividades, entre as que destacamos:

  • Comezamos lendo o conto e ensinando as ilustracións .
  • Inventaron títulos relacionados co conto.
  • Imaxinaron ós protagonistas e outras personaxes do conto.
  • Fixeron  debuxos relacionados co conto.
  • Algúns contos sobre, todo os relacionados con educación emocional inventábanlle un título e entre todos escollían un .
  • Memorizaron  algunhas poesía , adiviñas  , e coplas  para recitalas na clase cada neno e nena aos demais compañeiros e compañeiras.
  • Elixiron  o seu conto favorito .
  • Pintaron e decoraron debuxos con materiais de reciclaxe, e reutilizando materiais do colexio que xa non servían.
  • Fixeron unha árbore en forma de símbolo da Paz e decorárono con pombas, recortadas por eles.
  • Fixemos pequenos proxectos documentais.

Hora de ler 5º de Ed. Infantil

Ao longo do curso 2021/2022, os nenos e nenas de 5º Educación Infantil, os luns e os martes tiveron 20 minutos da hora de ler moi especiais.

Os Obxectivos marcados foron:

  • Inculcar aos alumnos un interese pola lectura dende idades moi tempranas.
  • Facer da lectura un elemento de goce persoal para o alumno.
  • Ofrecer aos alumnos actividades iniciais na lectura e baixo un prisma lúdico.
  • Ampliar o vocabulario a través do conto.
  • Desenvolver a creatividade e a imaxinación nos nenos e nenas.

Traballamos co libro “Cuentos para contar e interpretar” da editorial GRAFALCO e podemos ler diferentes tipos de conto:

  • Cuentos de siempre
  • Cuentos de animales
  • Cuentos para asustar
  • Cuentos de misterios e enigmas
  • Leyendas famosas
  • Cuentos para reir

Para axudar a que os nenos mostrasen máis interese, estivesen máis motivados e prestasen máis atención ao tempo de ler, usarmos un monicreque á que eles  puxeron nome o primeiro día: “Luna”. Luna foi a encargada de contar os contos aos nenos e nenas. Ademais fixeron moitas actividades relacionadas cos contos lidos: dramatizaron algún conto, colorearon debuxos dalgún conto, viron algunha película e algúns deles fixeron o seu propio conto usando o monicreque para contalo.

Foi un tempo moi bo onde os nenas e nenos puideron desenvolver a súa creatividade, aprendendo se darse conta e facilitando a comunicación verbal e non verbal entre eles, ademais de axudarles a manter a súa atención en unha mesma actividade por un tempo determinado.

A señorita Bubble

No 3º trimestre, o alumnado de 4º de Educación Primaria traballou A Señorita Bubble escrito por Ledicia Costas e ilustrado por Andrés Meixide.

O libro conta como a xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada.

Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.

Actividade 1: Lectura

Lectura individual en voz baixa, lectura grupal en voz alta.

Actividade 2: Análise das personaxes

A presentación da personaxe protagonista e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a mior parte das veces, as cousas non son o que parecen.

Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua

O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións.

Actividade 4: Ilustración

Os rapces realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo.

Actividade 5: Conclusión/valores

Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia.

Hora de ler en 4º de Ed. Primaria

O curso escolar 2021/2022, a Hora de ler, realizouse en flexible tendo como obxectivos prioritarios:

  • Contribuír ao fomento do gusto pola lectura
  • Coñecer obras e autores en lingua galega
  • Ampliar o coñecemento sobre a gran variedade de ofertas literarias

A configuración da hora de ler foi polo titora Marta María Rey Vila e centrouse nos seguintes obxectivos:

  • Mellorar a fluidez e da comprensión lectora
  • Gozar da diversidade textual
  • Coñecer e valorar o traballo dos autores
  • Favorecer a expresión e a representación plástica
  • Coñecer obras literarias de diferentes xéneros
  • Extraer coñecementos e ampliar os contidos traballados na aula a través dos textos literarios
  • Valorar e coñecer diferentes códigos artísticos como medios de expresión de sentimentos e ideas
  • Valorar de forma crítica os textos traballados
  • Favorecer actitudes que fomenten o desenvolvemento sostible e consumo responsable
  • Favorecer o gusto pola lectura e a selección de libros segundo o gusto persoal
  • Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas
  • Valorar os textos literarios como vehículo de comunicación e como fonte de coñecemento doutros mundos, tempos e culturas e como gozo persoal
  • Lectura de textos en voz alta, en voz baixa e con dramatizacións
  • Facer unha versión do conto Xa non son malo cambiándolle o xénero: pasalo de prosa a verso.
  • Ilustrar a versión lírica do conto Xa non son malo para quede na biblioteca do centro
  • Traballar o respecto e o coidado do medio ambiente a través do conto Xa non son mal

Polo que respecta á temporalización, na hora de ler, empregáronse:

1º trimestre:

  • Textos relacionados co medio ambiente (galego e castelán)
  • Xa non son malo (galego)

2º trimestre:

  • Textos relacionados cos intereses do alumnado (galego e castelán)
  • Xa non son malo (galego)
  • Luuume! (galego)

3º trimestre:

Luuume, a contada. Encontro con Andrea Freire.

O venres 6 de maio achegouse ao noso centro Andrea Freire, a autora de Luuume!, ilustrado por Laura Miranda Moreno e publicado por Antela Editorial, para facer a contada da historia de Misto, que está sempre enfadado, e que previamente traballaramos no Club de lectura de cuarto de Ed. Primaria ao longo do mes de abril.

Misto, cando sente rabia e malia que o intenta, non consegue controlarse. De feito, cada vez que o embarga a ira, acéndese e prende a chispa.

Tanto a súa familia (mamá Pinza e papá Tapón) como as súas amizades (Mestra Nobelo, Resorte, Botón e Parafuso) tentan axudalo, pero mentres Misto non sexa quen de xestionar a súa ira, non poderá autocontrolarse e gozar.

Despois da contada, Andrea realizou un obradoiro de relaxación mediante exercicios de respiración, ofrecéndolles aos rapaces ferramentas para o autocontrol.

Para finalizar, e en consonancia co PDI deste ano, fixeron ao protagonista do conto con materiais de aproveitamento.

Hora de ler en 2º de Ed. Primaria

O curso escolar 2021/2022, a hora de ler, realizouse todos os días despois do recreo co obxectivo prioritario: Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.

Obxectivos:

  • Desfrutar dos nosos contos preferidos.
  • Traballar os valores de respecto á natureza, amizade, tolerancia e compañeirismo entre outros.
  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora)
  • Desenvolver a súa creatividade a través da expresión plástica.
  • Ampliar o vocabulario a través dos contos.
  • Traballar as emocións a través dos contos.
  • Traballar a poesía.

Actividades.

  • Selección dos contos que lle gusten aos nen@s e que queiran compartir co resto dos seus compañeiros
  • Ler o conto entre todos en voz alta.
  • Dramatizar algún dos conto.
  • Debuxar, moldear os seus personaxes.
  • Escoitar o conto contado por outras persoas.
  • Poñemos música e nos movemos como se fósemos o personaxe do conto.
  • Creamos poemas sobre animais.
  • Lemos os contos que traemos para os nosos proxectos (planetas, animais, plantas) e aproveitalos para traballar algún contido que nos interese.

Temporalización.

Na hora de ler, que se realizou todos os días despois do recreo, de  12:00 a 12:20  traballamos  os seguintes contos:

No 1º trimestre:

O primeiro conto foi escollido por Marco e elexiu o conto de  "Cocorico" e que podedes ver nesta ligazón:

O segundo dos contos traballados foi: Grazas. Historia dun rueiro.

Outro dos contos  escollidos por eles  foi a fermosa historia de “Si yo tuviera una púa” que tamén podedes ver no noso blog da biblioteca.

Alegría, outra das nenas de 2º elexiu o conto “La paleta de los recuerdos”. A súa protagonista Lucía conta como cada un dos recordos ten unha cor diferente e como a través  desas cores viaxa por distintos momentos da súa vida e transmitindolle sentimientos diferentes. Debuxamos a portada do conto e fixemos unha en A3 para facerlle un agasallo a alumna de prácticas que se vai e puxémoslle na paleta da protagonista os nomes dos nen@s de 2º que compartimos con ela moitos momentos.

Agradecer a Nerea por traballar co alumnado de 2º o conto de Elmer e aproveitar esa oportunidade para dramatizar o conto con eles.  O elefante de cores, de David Mckee, trata dous grandes temas: o respeto hacia o outro dende a aceptación das diferencias, e a importancia de ser auténtico, ser un mesmo, celebrando o ser diferente.

Tamén aproveitamos a presentación do noso proxecto  das plantas para traballar o conto “Unha árbore”. Alina decidiu plantar unha árbore e todo comenzou a mudar. Ás veces unha pequena decisión é abondo para transformar todo o que nos rodea. Cada neno despois de traballar a comprensión e facer o cálculo de todo o que vai crecendo a través da árbore pedimoslle aos nenos que fixeran a ilustración do conto que máis lle gustara e todos coincidiron con facer a portada (cando alina caba o burato para plantar a súa plantiña)

No 3º trimestre:

O luns despois do día do libro fixemos un contacontos do conto LUME na bibblioteca. Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, pero con esforzo aprenderá a xestionar a súa frustración. Neste mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca por iso o traballamos antes.

Os alumn@s de 2º de primaria para conmemorar o día do libro recordamos todos os contos favoritos que lemos durante  este curso na hora de ler e plasmámolos nas ramas da nosa árbore de lecturas.

A árbore seguirá medrando e seguiremos gozando de cada unha das follas das maravillosas historias dos contos da nosa biblio.

Como conclusión, destacar o motivad@s que estiveron @s nen@s por traballar cos contos que eles elexiron, os seus intereses e o que lle gusta  é o éxito da actividade.  A valoración foi moi positiva sobre todo no referente ao traballo en equipo cando dramatizan os contos e cando despois van a interpretarllo @s nen@s máis pequenos.

Mochilas viaxeiras

No curso escolar 2021/2022 o alumnado de 5º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido polo titor de 5º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.

O material que acompaña a mochila do alumando de 5º curso de Educación Primaria foi o seguinte.

1º mochila:

  • Lingua Galega.
    Kika Superbruxa no Castelo de Drácula. Ed. Bruño.
  • Lingua castelá.
    Los forasteros del tiempo. La aventura de los Balbuena y el pequeño ganster. Ed. SM.
    Reportero DOC.
    Nº 271
    Nº 269
    Papagaio nº 9.

2º mochila:

  • Lingua Galega.
    Kika Superbruxa e no país de Liliput. Ed. Bruño.
  • Lingua castelá.
    Perrock holmes. Se ha escrito un secuestro. Ed. Montena.
    Reportero DOC.
    Nº 270
    Nº 272
    Papagaio nº 6.

Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.

Distribuir contido