Skip to Content

2014/15

Actividades realizadas no curso 2014/15

Unha contacontos moi especial...

A auxiliar de conversa do noso cole, Miranda Melissa, transformouse, por arte de maxia, nunha magnífica contacontos en inglés para embaucar, coa historia "Room on the broom" de Julia Donaldson, ao alumnado do centro no recanto de lectura informal da nosa biblioteca.

A protagonista do conto era unha amable bruxa que ía invitando a subir a súa fantástica escoba a todos os animais cos que se atopaba, feito que irritaba moito ao seu gato...

Todo o alumnado que participou nesta lúdica actividade quedou encantado coas aventuras desta bruxa e sobre todo coa reliquia de zapato da bruxa que Melissa nos trouxo, en primicia, ata a biblioteca.

 Preme para ver a galería de imaxes

Concurso de animación á lectura

O alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria participou no 1º Concurso de animación á lectura. Foi unha actividade lúdica proposta como tarefa final á lectura do libro "El largo verano de Eugenia Mestre" que tivo lugar ao longo do mes de outubro no tempo destinado á Hora de ler. A súa lectura tiña como finalidade principal inculcar no lector valores tan importantes como a xenerosidade, tolerancia, xustiza e amizade.

Os lectores e lectoras demostraron o seu coñecemento das vivencias de Gene e Goyo, protagonistas da historia, respostando directamente ás diferentes preguntas que o moderador lles ía facendo ou acertando por rebote as que os seus compañeiros non eran quen de adiviñar. Varios grupos demostraron que prepararan moi ben a lectura do libro. Ao final resultou gañador o equipo que máis preguntas acertou: o equipo C.

Gañadores do concurso

Os participantes quedaron moi satisfeitos co desenvolvemento do concurso e xa están desexando rematar a lectura do próximo libro que traballaremos no Club de lectura, "El laberinto de los números romanos", incluído como recomendación no Plan anual de lectura e en relación ao PDI da biblioteca "Megúllate nun mar de números".

Galería de imaxes do cocurso

Día da biblioteca 2014

O 24 de outubro, como non podía ser doutro modo, celebramos no noso centro o Día da Biblioteca dun xeito moi especial. O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria representou  na biblioteca unha obra teatral que nos recordou os PDIs (Proxecto Documental Integrado) que realizamos en anos anteriores i en que vai consistir o que imos realizar este curso: "Mergúllate nun mar de números". Para a presentación do proxecto contamos coa actuación estelar da galiña Turuleta, que será unha das protagonistas deste PDI.

A continuación o alumnado de 1º curso de Ed. Primaria fixo entrega á Biblioteca dun libro de poemas realizado por eles durante o tempo destinado á Hora de ler. O título do libro é "O fafarrún" i esta baseado no poema orixinal de Gloria Sánchez.

Asemade, presentaron á toda a comunidade educativa o estreno da curta que fixeron sobre o libro "O fafarrun".

Moitos parabéns para estes "pequenos" grandes artistas!! 

A mestra responsable do EDL (Equipo de Dinamización Lingüística) presentounos a exposición sobre tradición oral galega, na que participou libremente a comunidade educativa, e que está nos corredores do centro para ser visitada.

Fixemos entrega das mochilas viaxeiras aos respectivos titores para que o alumnado as leve as súas casas para compartir lectura, en tempo de lecer, coas súas familias.

Outra das actividades realizadas foi a entrega do carné de biblioteca aos novos lectores do centro. Tamén agasallamos con carnés de Honra aos mestres en prácticas, á auxiliar de conversa de inglés e aos donantes de agasallos para a biblioteca.


Para rematar, un dos alumnos de 5º curso de Ed. Primaria fixo unha doazón altruísta de libros para a biblioteca. Desde aquí animamos a toda a comunidade educativa a seguir o mesmo exemplo con aqueles libros que sexan adecuados ás idades do noso alumnado e que quizás, por diversos motivos, non lles sexan de utilidade nas súas casas.

 

 

Galería de imaxes das actividades realizadas


 

PLAMBE 2014/2015

O proxecto de biblioteca do noso centro foi dos mellor valorados na convocatoria para o curso 2014/2015, motivo que nos enche de gran satisfacción e que pon de manifesto a valia de todo o traballo realizado ao longo destes últimos anos desde a biblioteca do centro.

Moitos parabéns para toda a comunide educativa, xa que a maioría tedes algo que ver con este recoñecemento.

Este curso o tema central que se propón desde a Asesoría de Bibliotecas son as matemáticas, baixo o lema Biblioteca escolar... matemático!!!

Leo xa está deseñando o traballo que realizaremos ao longo do curso e en breve teremos noticias do mesmo.

 

Normativa de comedores escolares

Este curso escolar a Consellería de Educación publicou unhas novas instrucións para o Servizo do Comedor, segundo a cal se establecen 4 modalidades:

  • Alumnado con gratuidade total.
  • Alumnado que abonará 1 € diario.
  • Alumnado que abonará 2,5 € diarios.
  • Alumnado que abonará 4,5 € diarios.

Os solicitantes de praza no comedor deberán cumprimentar o seguinte documento e presentalo asinado na Secretaría do centro.

Nos seguintes documentos podedes ver a regulamentación que está en vixencia.

Axudas do Concello para o comedor e Educación Infantil

Clicar nos enlaces para ver a información:

  • Resumen da documentación libros comedores 2014-15
  • BOP libros comedor

Matrícula para o curso 2014-2015

 

 

Comunícase que todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión para o curso 2014-2015 foi admitido no centro.

O prazo para formalizar a matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño de 2014.

A matrícula formalizarase mediante a presentación do correspondente modelo Anexo III da Orde do 12 de marzo do 2013.

Matrícula alumnos/as de novo ingreso para o curso 2014-2015

Comunícaselle que o prazo de presentación de solicitudes de admisión abrangue dende o día 1 ao 20 de marzo de 2014, ámbolos dous inclusive. 

 

1.    

Calendario e procedemento de admisión 2014-2015

2.    

DOGA

3.    

Documentación a entregar:   

      • Impreso de solicitude facilitada polo centro (anexo II) ou ben na páxina web do centro.
      • Fotocopia compulsada do Libro de Familia (folla onde está inscrito o/a neno/a) ou do seu DNI, no caso de telo.
      • Fotocopia do DNI dos pais.
      • Certificado de matrícula expedido polo centro de orixe (para alumnos/as xa escolarizados noutro centro)
      • Opción relixiosa
      • Lingua materna

      4. Zona de influencia

 

      5. Vacantes 

Distribuir contido


by Dr. Radut