Skip to Content

5º Curso

Viaxe a Marcelle

O 6 de xuño realizamos a última saída educativo/cultural deste curso. Esta vez, fomos ao parque zoolóxico de Marcelle, situado no concello de Outeiro de Rei na provincia de Lugo.

Coñecemos e aprendemos moitas cousas sobre animais que nunca víramos e que tan ben coidados están no parque.

Durante todo o percorrido ao parque estivemos acompañados por tres fabulosos monitores que nos axudaron a pasar unha xornada inesquecible.

Pasámolo XENIAL!!

Debuxos do alumnado de Ed. Infantil

Pensando en equipo

O curso escolar 2017/2018, a aula de 5º de Educación Primaria decidiu centrar o seu traballo anual, dentro do PDI xeral do CEIP Manuel Sueiro “Cada latexo... un pensamento”, na temática do “Pensamos en equipo”.

O porqué deste traballo resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes tales como:

  • Máis motivación. O alumnado alcanza unhas necesidades de rango superior.
  • Os membros dun equipo de traballo teñen a oportunidade de aplicar os seus coñecementos e competencias, e ser recoñecidos por iso, mesturando fortalezas complementarias.
  • Maior compromiso mellorando o desempeño.
  • Máis ideas.
  • Máis creatividade e a aprendizaxe.
  • Mellora a comunicación e reduce a tensión.
  • Mellores resultados, aumentando a eficiencia e a produtividade.

Traballamos os seguintes obxectivos:

  • Construír confianza co alumando e coas actividades propostas por eles.
  • Establecer obxectivos comúns
  • Crear sentido de pertenza
  • Involucrar ao alumnado na toma de decisións
  • Buscar o entendemento entre partes
  • Impulsar a comunicación
  • Aproveitar a diversidade
  • Celebrar os éxitos do grupo
  • Favorecer o compromiso mutuo e a responsabilidade compartida

O traballo comezou a finais do mes de setembro, no que o alumnado de 5º de Educación Primaria determinou os seguintes aspectos a desenvolver durante todo o curso.

  • Concreción das normas da aula, na que indicaron as condutas que lles gustaría que non se producisen e no caso de que se producisen cal sería a súa acción para compensala.
  • Establecer o traballo anual, concretando que en cada un dos 3º trimestres se realizarían como mínimo 3 actividades grupais.

As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes:

 


1º trimestre:


 

  • Día 6 de outubro: actividade grupal para celebrar o encontro coa autora Irma Ruth del Ángel.
  • Día 24 de outubro: presentación do PDI da aula de 5º de Educación Primaria que leva por título “Pensamos en equipo”.
  • 3ºSemana novembro: identificamos e coñecemos as necesidades dos nosos compañeiros/as do CEIP Manuel Sueiro.  
  • Día 20 de decembro: festival de Nadal. Interpreación da canción "Bajo el mismo sol".

 


2º trimestre:


 


3º trimestre:


 

  • 21 de marzo, Día da Poesía.
  • Semana do 19 ao 23 de marzo: día da auga e das árbores.
  • Primeira quincena do mes de abril: elaboración dun vídeo receita para o concurso “Chefs saudables”.
  • Primeira quincena do mes de maio: teatro en Bande. "Ondiñas que van e veñen".
  • Segunda quincena do mes de maio: Insua dos Poetas (21 de maio).
  • Primeira quincena do mes de maio: elaboración dos programas didácticos co programa “Kahoot”
  • Última quincena do mes de maio: presentación das noticias relevantes no “Ceip Manuel Sueiro” no Telexornal “Sueiro Telediario”.

Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.

My home, our home. The Prado Museum

MY HOME, OUR HOME, THE PRADO MUSEUM

Con este proxecto quixemos dar un paso adiante no coñecemento do Museo del Prado, como protector e fogar da arte ( de aí o título do proxecto ), coñecendo os seus arredores, a súa ubicación, as diferentes salas,  as xentes que alí traballan, compartindo as sensacións que nos fan sentir os artistas e aprezalo como espazo cheo de vida.

Descubrimos o que se atopa tras a porta secreta do Museo del Prado. Anímaste a abrila?

Convertémonos en artistas creando as nosas propias obras de arte, elaboramos unha guía de lectura sobre o Museo del Prado, visitamos a exposición “O eco das amazonas” do artista Baldomero Moreiras na Sala Valente, construímos o noso recuncho da arte, organizamos visitas guiadas ao Sueiro Museum e recitamos a chant “Two Ms: Museums and Music”.

WELCOME TO THE SUEIRO MUSEUM!!!

 

GALERÍA DE IMAXES DO TRABALLO REALIZADO


No mes de abril realizamos unha visita á exposición "O eco das amazonas" do artista ourensánBaldomero Moreiras.
Na seguinte ligazón reflectimos as actividades realizadas nesta visita.


 

Obradoiro de Viaqua: Aqualoxía

O 23 de maio realizamos a actividade que leva por título “Aqualoxía”. Nesta actividade participaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os cales descubriron como é o ciclo da auga nas cidades. No obradoiro experimentamos a través do xogo con míltiples recursos didácticos, tales como: bombas de vacio, coadores,…

Ao final de dita actividade, fomos agasallados cun diploma e unha mochila pola nosa participación. Xa estamos agardando a que volvan no curso que ven. 

Pasión pola auga!!

Homenaxe a Pura Vázquez

O 22 de maio participamos na homenaxe a escritora ourensán Pura Vázquez que se celebrou na Ínsua dos poetas de Madarnás en Carballiño.

Luís Tosar foi o encargado de presentar ás autoridades alí presentes, entre as que destacaban o Secretario Xeral de Política lingüística, o Presidente da Deputación, o Alcalde do Carballiño, a Xefa Territorial da Consellería de Educación... entre outros.

Da presentación das actividades do alumnado encargáronse dúas alumnas do noso centro.

O acto deu comezo coa presentación das autoridades, na que todos eles fixeron mención á vida e obra da mestra Pura Vázquez.

O noso centro foi o encargado da presentación do acto. Durante as semanas previas á homenaxe, pescudamos información en internet e nos fondos da nosa biblioteca para elaborar un pequeno resumo sobre a súa vida e obra. Dito resumo foi co que explicamos aos presentes no acto a súa vida e obra.

O alumnado participante, dos sete colexios da provincia de Ourense alí presentes, realizaron as seguintes actividades:

  • Lectura dun resumo da vida e obra de Pura Vázquez.
  • Recitaxe de poemas de Pura Vázquez: "O amante" e "El caracol".
  • Poema dedicado por unha alumna a Pura Vázquez.
  • Realización dun poema ao azar con versos da obra de Pura Vázquez.
  • Dramatización do poema "Visitas ao bosco".
  • Interpretación de varios poemas de Pura Vázquez polo grupo musical "A Roda".
  • Foto final diante das esculturas das irmáns Pura Vázquez e Dora Vázquez.

XXIII encontros de teatro escolar de Bande

O alumnado de 3º e 5º de Ed. Primaria participou, o 15 de maio, nos XXIII Encontros de teatro escolar de Bande que organiza o Concello coa colaboración do CEIP de Xaquín Lorenso e o IES Querquernis.

Este ano, representamos a obra titulada "Ondiñas que van e veñen" que nos mesmos elaboramos dentro do proxecto documental integrado que estamos a desenvolver, en 3º de Ed. Primaria, sobre a contaminación da nosa contorna .

Esta obra de teatro, sérvenos para reflexionar sobre a contaminación que os humanos estamos causando nas nosas praias e mares.

Parabéns para todo o alumnado participante pola súa actuación!!

GALERÍA DE IMAXES

 

VI concurso de Poesía do Círculo poético ourensásn

A finais de abril, dúas alumnas do noso centro resultaron finalistas no VI concurso de poesía Círculo poético ourensán convocado para todo o alumnado da provincia de Ourense. Nesta edición o lema escollido foi “Sentimentos na escola”.

Os 20 mellores poemas serán publicados na Antoloxía: “Sentementos na escola” que será entregada aos gañadores na próxima edición do concurso.

Moitos parabéns para Sandra e Nicole de 5º de Ed. Primaria!!

 

Vuelta ciclista a España 2018

O 8 de maio contamos coa presenza no noso cole de David Abal, exciclista profesional que nos veu presentar a Volta ciclista a España Junior que se celebrará en Luintra o día 5 de setembro. A actividade está organizada pola Asociación de ciclistas profesionais e Cofidís.

Na primeira sesión, David, presentounos en que consiste esta proba que só se vai celebrar en 10 cidades de España. Nós teremos a oportunidade de participar na estapa que finaliza en Luintra.

Asemade, explicounos en que consiste a vida diaria dun ciclista profesional e os diferentes traballos que realizan ao longo dunha etapa ou carreira.

Durante as súas explicacións, foinos recordando as principais normas de educación vial que temos que cumprir e respectar cando montemos en bici polas rúas das nosas cidades e pobos.

A sesgunda parte, desta actividade, consistiu en facer unha sesión práctica coas bicicletas, facilitadas pola organización da Volta ciclista, no patio do colexio na que cada un de nós amososu as súas destrezas. Ao remate da actividade foron escollidos varias nenas e nenos do noso cole para participar na Volta ciclista Junior o día 5 de setembro en Luintra.

Programa Cores

O 27 de abril realizamos no centro, coa colaboración da Escola Galega de Consumo, un obradoiro destinado a promover no alumnado a educación para o consumo responsable.Traballando a igualdade a través da publicidade dentro do programa Cores.

As temáticas que se trballaron foron as seguintes:

  • Análise da escolla de xoguetes desde o punto de vista do xénero. Influencia da publicidade e dos estereotipos de xénero empregados nos recursos publicitarios dirixidos á infancia.
  • Xoguetes: Diferencias entre os xoguetes e aqueles outros produtos que non o son. Envases e etiquetado dos xoguetes. Pautas de seguridade para un uso responsable dos xoguetes.

Para rematar o obradoio o alumnado máis cativo realizou un pao de chuvia que levaron para a súa casa.

Primeiros auxilios

O 26 de abril realizamos en colaboracion coa Cruz Vermella un obradoio de primeiros auxilios dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.

Estas charlas tiveron unha parte teórica e outra práctica, na que os alumnos participan activamente na simulación de diferentes siituacións de risco traballando os seguintes temas: primeiros auxilios nun accidente; actuacións no caso du accidente; técnicas de RCP...

É fundamental realizar estes obradoiros con certa frecuencia para reforzar as aprendizaxes recibidas e afianzar a nosa actuación en caso de ser preciso nunha situación de risco real.

Distribuir contido


by Dr. Radut